Xa son moitas as cousas que sabemos deste número e xa temos moi interiorizado e asimilado a asociación do número a grafía e a cantidade, e isto ocorre co resto dos números, aínda que seguiremos traballando nesto o que resta de curso, con este exercicio empezamos o conteo cara atrás e facemos unha pequena excursión o mundo do maior e menor. Aquí está todo o que sabemos do 4. E siguennos chegando maravillosas receitas para o noso libro, hoxe foi Joel o que nos deleitou con esta tarta de 3 chocolates riquísima!!, moitas gracias!! Dende a biblioteca avisaronnos que hoxe era o último día de préstamo de libros, así que para a semana xa non levarán libro e levarán todolos debuxos que fixeron dos contos que leron. Pero lembrade que un bo lector faise tódolos dias, así que anímovos a que tódalas noites, antes de durmir lle leades un contiño os vosos pequechos/ as, un momento único e especial. Boa fin de semana!!!