Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 8, 2020

Recunchos

  Como xa vós dixen na reunión de principio de curso, despois de comer, os nenos chegan moi cansados por eso é o momento ideal para xogar tranquilamente nos recunchos. Despois de usalos desinfectos e quedan en corentena uns días ata que pasan para outro grupo.  Temos o recuncho de plastlinia, arte, construcións, ensartables e animais. Tamén, a profesora de inglés, Marita, aproveitando o bo tempo dou parte da súa clase o aire libre. LEMBRADE: Mañá venres é o último día para enviar as fotos da cesta do outono, fotos que subirei o luns 12 ó blog. De momento so teño 3 participantes. Outro tema importante:  Este ano, como tamén xa vos comentei na reunión, as titorias serán telefónicas e so en casos moi graves presenciais.  Na nosa aula xa temos varias vías de comunicación: blog (no que vos tamén podedes participar), abalar, tedes o meu correo, temos a libretiña  pero ainda así,  eu cada mes (tirando cara finais de mes) mandareivos por abalar un pequeno informe ...