Bos días!!! sumándonos a iniciativa que está circulando polas redes sociais propóñovos facer o mesmo, aproveitando que hoxe tocaba a grafismo: o arco da vella da solidariedade baixo o lema: Todo vai ir ben!! Deixovos aquí un modelo pero, por suposto, vós podedes cambialo, deixade voar a vosa creatividade e a traballar!! Anímovos a colgalo nas ventás, podedes sacarlle fotos ó voso arco, a vós facéndoo...sdería bonito que a volta, cando xa poidamos estar xuntos na clase, trouxerades o arco, as fotos... e facer un pequeno mural no corredor. A traballar!! e recordade lavar moito as mans, tusir no cóbado, non na man e todo vai a ir ben, seguro que nos vemos moi pronto!!