Saltar ao contido principal

Publicacións

Chegou o inverno!

Comezamos o segundo trimestre acompañados dus pingÜins moi festeiros. Toca abrigarse, que vai frío...

Feliz 2019!!!

E colorín, colorado....

este trimestre está acabado!! Recordade que esta aventura continua o 8 de xaneiro. Onte levastes as carpetas cos traballiños e hoxe as notas, éstas teñen que volver firmadas no mesmo sobre no que foron entregadas. Pd: este blog continuará activo durante as vacacións.... Felices festas familias!!

Entregadas!!!!

Como xa sabedes, hoxe tivemos unha visita moi especial, os paxes encargados de entregarlles as nosas cartas as suas maxestades de Oriente. Agora so toca esperar.....

Estaban riquísimas!!!

Hoxe era un día especial e así no lo fixo saber Xoel, que nos trouxo a clase unas galletas caseiras feitas por el e a súa mamá.  Moitisimas grazas por esta sorpresa tan doce, estaban riquísimas!!!

Crónica dunha sesión de cine...

 Hoxe foi un día distinto, chegamos o cole e marchamos, estabamos nerviosos e emocionados, a nosa primeira saída!! Portáronse xenial no cine. Houbo nenos e nenas que quedaron dormidos no cine, outros tiveron un pouquiño de medo e outros preguntaban cando acababa. Á volta no autobús fíxoselles un pouco longa, estaban cansos e algúns aproveitaron para durmir. Non temos foto desta saída porque o tempo apremiaba pero deixovos estas que seguro que vos gustan. Ata mañán!

E colorín, colorado....

o conto do monstro de cores dos nenos que asisten a valores está rematado!!