Saltar ao contido principal

Publicacións

Vogais

Seguimos co traballo das vogais, recoñecelas, escribilas ou moldealas e o mesmo tempo traballamos a psicomotricidade fina. Neste caso tocou facer vocais con plastelina, e sáenlle moi ben!! 👏👏👏👏👏👏👏👏

30 de xaneiro. Día da PAZ

A PAZ está nas nosas mans.

As familias dos números.

Hoxe coñecemos un autobús moi especial, o da familia do número cero.  Este autobús axúdamos a colocar a táboa numérica, sabemos que os números deta familia teñen unha cifra...en breve iremos coñecendo máis familias, pero de momento quedámonos con esta.

Lectoescritura..

A lectoescritura nesta etapa dos 3 anos céntrase sobre todo no seu nome e no recoñecemento das vogais.  A actividade de hoxe consistía neso, no recoñecemento e discriminación das vocais, a medida que os coñecementos avancen,iráse completando a actividade.

Recreo!!!

O noso é unha festa e despois de tanto traballar toca disfrutar!! Boa fin de semana a todos!

Treboada...

Como xa vos comentara, os nenos de quinto están facendo pequenas colaboracións con nós, e aquí temos o resultado desta primeira manualidade do segundo trimestre.  Algo acorde a este tempo que estamos a ter....é tempo de inverno e as treboadas chegan á escola en forma de raios de cores e nubes ben simpáticas. Moitas gracias os nenos e nenas de quinto,a seguinte será algo relacionado co antroido. Continuará....

Se chove que chova!!!

Nós estamos preparados!. Ainda nos quedan algúns paraguas pero...estamos en marcha!