Saltar ao contido principal

Publicacións

Seguimos aprendendo

E seguimos traballando lóxico-matemática, cada vez con algo distinto, desta volta foron coas bolas, ¿cantas pinzas lle poñemos a cada bola?

Concurso!!

Aproveitando que estamos traballando a Miró e que este xoves comezamos o noso primeiro taller de grafismo, os nenos e nenas de 3 anos van participar no concurso das camelias.  Empezarei  esta semana, para o luns envialas todas o concello de Vedra. Hoxe xa estivemos falando das camelias, e teñen unha mostra na clase.Agora so teñen que ensinar ese artista que levan dentro e deixar voar a imaxinación. Aquí vos deixo as bases do concurso, estade atentos por se vos chaman para recoller o premio!! Moita sorte a todos!!

A merendar!!

Boa fin de semana!!

Vogais

Seguimos co traballo das vogais, recoñecelas, escribilas ou moldealas e o mesmo tempo traballamos a psicomotricidade fina. Neste caso tocou facer vocais con plastelina, e sáenlle moi ben!! 👏👏👏👏👏👏👏👏

30 de xaneiro. Día da PAZ

A PAZ está nas nosas mans.

As familias dos números.

Hoxe coñecemos un autobús moi especial, o da familia do número cero.  Este autobús axúdamos a colocar a táboa numérica, sabemos que os números deta familia teñen unha cifra...en breve iremos coñecendo máis familias, pero de momento quedámonos con esta.

Lectoescritura..

A lectoescritura nesta etapa dos 3 anos céntrase sobre todo no seu nome e no recoñecemento das vogais.  A actividade de hoxe consistía neso, no recoñecemento e discriminación das vocais, a medida que os coñecementos avancen,iráse completando a actividade.