Saltar ao contido principal

Publicacións

E seguimos de entroido!! 🎭

E lembrade que mañán todos o pixama traerán... Hoxe estaban simpatiquisimos!!😊

A caixa das vogais

Con este xogo ademáis de traballar vocabulario repasamos as vogais e descubrimos por que  vogal empeza cada palabra. Atención: seguimosna semana do entroido e seguimos co mandato do meco, para mañán cara pintada e algo na cabeza. Hoxe estaban moi ben pintados!! Grazas pola colaboración. Ata mañán!!

E tempo de entroido e...

o meco manda.... para mañá recordade que...a cara pintada deberán traer.

Adios ríos, adios fontes....

Adios regatos pequenos adios vista dos meus ollos nos sei cando nos veremos... Hoxe celebramos o día de Rosalia, con esta pequena estrofa da poesía  do seu libro Cantares Gallegos.  Ademáis, escollín esta pequena estrofa, para o día da poesía, o 21 de marzo, recitala nun pequeno acto que se fará no cole. Recitarémola de forma oral e tamén signada, e dicir, en língua de signos. Boa fin de semana.

Encantounos.....

o conto que nos trouxo hoxe Nerea a clase. Lémolo na hora da asamblea e a parte de falar dos bombeiros, falamos das cousas malas que fixeron 2 dos protagonistas do conto. Moitas gracias Nerea por compartir o conto con nós.

O entroido!!!

O entroido estase achegando e nós xa nos estamos preparando....Antifaz feito coa colabaoración dos nenos e nenas de quinto. 

A familia do 10

Unha nova familia chega a nosa clase, esta vez ven nun autobús vermello, e con esta familia xa sabemos que son os números de 2 cifras e ademáis sabemos que os números desta familia empezan todos polo 1.