Saltar ao contido principal

Publicacións

Taller de arte

Hoxe, no taller de arte fixemos unhas flores moi divertidas, non nos dou tempo de acabalas, pero podedes ver as fotos do proceso. Unha vez  rematadas xa sacaremos outra foto do resultado.

Acabadas!!!

Durante estas semanas estivemos preparando as carpetas nas que irán os traballiños deste segundo trimestre, e velaquí o resultado!  O próximo venres irán para a casa.

Levounos tempor pero...

Por fin está rematado o noso vermillo!!

A familia do 20.

Por fin a familia do 20 chegou a nosa clase. Hoxe estivemos vendo que números pertencen a esta familia, cantas cifras ten cada número e descubrimos que tódolos números desta familia empezan por 2. Hoxe enviouse unha nota avisando da semana da froita, vós podedes facer o que queirades, se queredes traer a vosa merenda da casa e contiunuar co noso calendario de merendas podeddes facelo sen problema. eu sempre ofrecerei a froita pero se o neno non quere, prefiro que teña opción da súa merenda a que estea toda a mañán sen comer. Grazas.

Recta numérica

repaso da recta numérica do 0 ao 10. Repasámolo cos números e tamén como se indica ese número cos dedos. Hoxe como vedes levan o boletín de notas para a casa, como pasou no trimestre pasado, tedes que recortar pola liña de puntos e devolver o papeliño pequeno firmado. Por favor, devolvédeo dentro dese mesmo sobre, porque será o que usemos para o último trimestre. Os traballos correspondentes a este trimestre levarános o venres 12 de abril, día que darán comezo as vacacións de semana santa. Moitas grazas e boa fin de semana.

Taller de arte

e hoxe toca...que sae dun cadrado? e despois de moito falar e de ver varias opcións quedamonos cunha casa.

Merendas de Balneario...

Hoxe practicamos as merendas de balneario. E diredes vós.... en que consisten?, en merendar tranquilamente, sen berros, falando baixiño, sen levantarse cada 5 min, escoitando unha música tranquila...e a verdade é que foi unha merenda fantástica!!!