Saltar ao contido principal

Publicacións

Contacontos particular.

Hoxe tivemos a sorte de contar cun contacontos moi especial e solo para nós. Foi a cargo dun grupo de rapazas, estudiantes de maxisterio na especialidade de infantil, unha delas, Marta, xa a coñecían os nenos porque fixo as prácticas neste cole no primeiro trimestre.  A nós encantounos o conto e xa lle propuxen que preparasen outro para o terceiro trimestre. Aquí vos deixo unha foto dos nenos coas futuras mestras. Grazas por esta sesión rapazas e moita sorte, seredes unhas grandes mestras!.

Que sabemos do 3?

xa levamos uns días traballando a grafía do número 3 e asociando número a cantidade e hoxe puxémolo no noso tableiro do número protagonista.

A comer!!!

E hoxe para comer temos...

A nosa primavera

E hoxe rematamos as nosas flores. Velaquí o resultado.

Unhas casas diferentes

Como xa dixen en varias ocasións traballar a psicomotricidade fina é fundamental en infantil, sobre todo en 3 anos, xa que nos axudará logo no procesor de escribir.  omper, rasgar, modelar...son exercicios que nos axudan. por iso nesta actividade romperon os papeles en cachiños pequenos para facer unha casa diferente.

Taller de arte

Hoxe, no taller de arte fixemos unhas flores moi divertidas, non nos dou tempo de acabalas, pero podedes ver as fotos do proceso. Unha vez  rematadas xa sacaremos outra foto do resultado.

Acabadas!!!

Durante estas semanas estivemos preparando as carpetas nas que irán os traballiños deste segundo trimestre, e velaquí o resultado!  O próximo venres irán para a casa.