E seguimos co taller de arte, desta volta reutilizamos os tenedores de plástico, darlle novas vidas a ese plástico que tanto dano fai o medio ambiente. Así que nós utilizamolo para pintar. sabedes que fixemos con eses tenedores?
o conto do casamento e a pulga está rematado!!! e seguimos cos cociñeiros de primeira!! Hoxe a merenda foi a cargo de Uxía e Óscar. Moitisimas grazas cociñeiros, estaban riquísimos!!!!
Mañá celebramos o día das letras galegas, e non houbo un xeito mellor de celebralo nós na clase que comendo unha riquísima empanada galega feita por Xoel, moitas gracias!! máis rica non podía estar, como vedes o libro de receitas vai moi variado. Tamén hoxe levan para a casa as lentellas, xa medraron e agora toca trasplantalas na terra. Xa vedes, cociñeiros, granxeiros...os de 3 anos valemos para todo!!
Día da familia, e aquí vai este pequeno agasallo feito por eles e para vós. Parabéns familias!! 💙 E para celebralo que mellor que probando unha das receitas que estades facendo, desta volta foi Valentina a que nos trouxo unha super tarta riquísima e ademáis cun detalle moi bonito, o nome do blog!! Moitisimas gracias!!! ❤️
Da gusto comprobar como o noso libro de receitas está en marcha, xa fostes varios os que trouxestes as receitas e hoxe puidemos comprobar como a receita escrita nun papael é un maravilla na boca!! Moitas grazas a Sabela e a Xavi por traernos unha proba desa deliciosa receita feita na casa. Estaban riquísimos os dous!!! Seguimos agardando polas outras receitas, estanos quedando un libro chulísimo!! Moitas grazas!!