Saltar ao contido principal

Publicacións

Conta comigo...

e hoxe contamos con Mercedes, a mamá de Hugo,e seu irmán Martín que nos contaron o conto de chocolata.  Moitisimas gracias!!  E como a fin de semana presentase un pouco regularciña en canto a climatoloxía se refire, podedes xogar cos tro,pos que fixeron os nenos, uns trompos totalmente caseiros. Xa se sabe, polo San Martiño trompos ó camiño. Boa fin de semana.

Maior, menor...

este é un concepto que lles costa moito entender e adquirir, porso o método máis sinxelo é facelo xogando.  Con estas cartas ademáis de aprender e descubrir que números son maiores e que números son menores( concepto maior que, menor que), repasamos conteo, discriminación dos números e vocabulario de froitas, verduras e hortalizas.

E hoxe fomos de voda!!!

da voda da pulga e o piollo!! e pasámolo moi ben, cantamos, bailamos, xogamos e......disfrutamos moito esta mañá.

Conta comigo

Un venres máis tivemos a sorte de poder escoitar outro conto do proxecto conta comigo. Desta voltafoi a mamá de Martín a que nos acompañou esta mañá cun bonito conto sobre Vincent Van Gogh e ademáis puidemos facer unha réplica dun dos seus cadros: los girasoles. Moitas gracias!!

Mañá titiribeira

E hoxe tivemos a sorte e o pracer de poder disfrutar dunha mañá titiribeira, unha sesión de títeres ben simpática que os nenos e non tan nenos disfrutamos moito!! 

Psicomotricidade fina

Recortar e picar é sin duda unha das actividades que máis lles gusta ós nenos, ademáis de estar tranquilos desenvolven a psicomotricidade fina, básica para un bo  desenvolvemento  do proceso da lectoescritura. Estes días estivemos a recortar caras contentas para o noso proxecto do montro de cores.

Conta comigo!!!

E hoxe empezamos o proxecto conta comigo, e comezamos coa mamá de Rubén, Rocio, que nos contou 2 contos moi chulos: Moncho e a mancha e Grisela.  Moitisimas gracias por participar nesta actividade e contarnos uns contos tan bonitos, os nenos e a mesrtra estamos encantados!!  Boa fin de semana a todos e recordade que o luns non temos clase.  Quwe viva San Martín!! e xa aproveito para felicitar o noso compañeiro Martín que en breve estará de santo.