Saltar ao contido principal

Publicacións

Parabéns para ti.... 🎂

hoxe celebramos o cumple de Hugo cunha tarta riquísima!!  Moitisimos parabéns Hugo!!!! 🎂

E outro venres de contar....

de contar contos a cargo das familias, hoxe foi a mamá de Maria a que nos trouxo á clase un conto ben bonito dun ratiño artias: " o soño de Matías".  E para rematar a actividade puidemos elaborar unha cara o estilo Maruxa Mallo e convertir a nosa clase nun taller de artistas.  Moitas gracias por colaborar!!

As aventuras dos apelidos...

 hoxe empezamos esta aventura que durará todo o curso. Foi un pequeno acercamento, mirar se é longo, porque letra empeza, por cal acaba.... Este material quedará no recuncho da biblioteca para que cando toque ese recuncho poidan usalo e xogar con el.

Que non se apague....

unha mirada máis... 25N NON É NON. Os nenos de infantil queremos parar a violencia.

Conta comigo...

e hoxe contamos con Mercedes, a mamá de Hugo,e seu irmán Martín que nos contaron o conto de chocolata.  Moitisimas gracias!!  E como a fin de semana presentase un pouco regularciña en canto a climatoloxía se refire, podedes xogar cos tro,pos que fixeron os nenos, uns trompos totalmente caseiros. Xa se sabe, polo San Martiño trompos ó camiño. Boa fin de semana.

Maior, menor...

este é un concepto que lles costa moito entender e adquirir, porso o método máis sinxelo é facelo xogando.  Con estas cartas ademáis de aprender e descubrir que números son maiores e que números son menores( concepto maior que, menor que), repasamos conteo, discriminación dos números e vocabulario de froitas, verduras e hortalizas.

E hoxe fomos de voda!!!

da voda da pulga e o piollo!! e pasámolo moi ben, cantamos, bailamos, xogamos e......disfrutamos moito esta mañá.