Saltar ao contido principal

Publicacións

o sol...

Seguimos traballando o poema o sol de Manuel Maria, dentro do libro os soños na gaiola, e hoxe tocou facer un bonito e gran sol. 

Grafismo...

Coma tódolos luns fixemos a nose sesión de grafismo. Hoxe, ademais de desenvolver a piscomotricidade fina, tamén fixemos unha serie lóxica, conteo e repaso de cores. Unha sesión moi completa!!

8M

Este domingo celebramos o día da muller. Benvido/as o paseo da fama das nosas mulleres!! Por ti, por min, por elas por nós, por vós, por elas.... Polas que estamos  polas que xa non están Polas que veñen  polas que virán....

A familia do polo Pepe

 o polo Pepe é un conto que lle gusta moito os nenos e as nenas e coa súa familia traballamos a lóxico-matemática. Cantos ovos poñen as nosas galiñas?

A palabra do dia...

Hoxe comezamos unha nova actividade que nos acompañará o longo de todo o curso: a palabra do día. Nesta actividade analizamos unha palabra: como se forma, como se escribe, cantas vocais ten, cantas letras ten e aumentamos a nosa aprendizaxe xa que agora tamén imos contar as sílabas desa palabra. Se ata estivemos descubrindo cantas sílabas ten o nosos nome!!

Manuel Maria...

Empezamos semana, empezamos mes e empezamos novo traballo. A semana pasada falamos de rosalia e traballamos un pouco sobre ela, hoxe empezamos a facer un pequeno proxecto sobre outro escritor homenaxeado fai 2 anos nas letras galegas: Manuel María. Dentro do libro: os soños na gaiola imos traballar o poema: o sol Aquí non so traballamos a expresión artistica, a poesía, os persoeiros galegos importantes, tamén  lectoescritura. Velaquí a nosa primeira folla do noso poema Tamén hoxe levamos a cabo o noso seguinte traballo do taller de grafismo e repasamos todo sobre o número 5

Un venres con moito que contar....

Mañá familiar a cargo da mamá de Nuno, que nos contou un clásico: a casa da mosca chosca, e que coma tódolos clásicos nuca falla, e neste caso veu acompañado dun lápis moi simpático!  Moitas grazas!! Tamén hoxe rematamos o mes con aniversarios, moitos parabéns a María, Rubén e Dylan!!! avanzamos en saber todo sobre o número 5 e por último seguimos traballando no noso nome. Coa ficha de hoxe traballamos tamén a lóxico-matemática.