Saltar ao contido principal

Publicacións

A cociñar!!!

Bos días clase!! como foron eses arcos da vella? estou desexando velos e facer a nosa pequena exposición. A tarefa de hoxe vai ser colocar un mandil e ...a cociñar!!!!   Deixovos unha receita moi fácil dun biscoito que triunfa na miña casa, pero vós podedes facer o que queirades, galletas, magdalenas, tartas....ou unha comida rica. Empezamos. Ingredientes : 4 ovos. 1 vaso de azuvre( 250g aprox) 1 vaso e medio de fariña (375g aprox) 200 ml de tona (nata) 1 sobre de fermento (royal) un pouco de manteiga para o molde. fideos de chocolate (opcional) Preparación: en primeiro lugar bate os ovos co azucre, engádelle a tona e mestura ben. Vai botando a fariña e o fermento pouco a pouco sen deixar de remexer.Cando esté unha masa homoxénea, e dicir todo igual, bótalle uns pouco fideos de chocolate, a gusto do consumidor. Avisa a mamá ou papá para que quente o forno a 180 grados. segundo paso: unta o molde onde vaias facer o biscoito cun pouco de manteiga. Bótalle a masa qu...

O arco da vella.

Bos días!!! sumándonos a iniciativa que está circulando polas redes sociais propóñovos facer o mesmo, aproveitando que hoxe tocaba a grafismo:  o arco da vella da solidariedade baixo o lema: Todo vai ir ben!! Deixovos aquí un modelo pero, por suposto, vós podedes cambialo, deixade voar a vosa creatividade e a traballar!! Anímovos a colgalo nas ventás, podedes sacarlle fotos ó voso arco, a vós facéndoo...sdería bonito que a volta, cando xa poidamos estar xuntos na clase, trouxerades o arco, as fotos... e facer un pequeno mural no corredor. A traballar!! e recordade lavar moito as mans, tusir no cóbado, non na man e todo vai a ir ben, seguro que nos vemos moi pronto!!

Crisis do coronavirus

  Estamos ante unha situación atípica que ós nenos /as lles costa entender e asimilar, sen cole, sen parque, metidos na casa e todo por algo que falan os maiores: o coronavirus, pero que é o coronavirus?. Aqui vos deixo por se é do voso interese un pequeno resume de que é o coronavirus para que llo ensinedes os vosos pequenos. Animo coa concilia, recordade quedar na casa na medida do posible e todo vai a ir ben.

todo sobre o 6

que sabemos do número 6?, todo esto e moito máis!! Tamén hoxe empezamos a decorar o que serán as nosas carpetas do terceiro trimestre.

o sol...

Seguimos traballando o poema o sol de Manuel Maria, dentro do libro os soños na gaiola, e hoxe tocou facer un bonito e gran sol. 

Grafismo...

Coma tódolos luns fixemos a nose sesión de grafismo. Hoxe, ademais de desenvolver a piscomotricidade fina, tamén fixemos unha serie lóxica, conteo e repaso de cores. Unha sesión moi completa!!

8M

Este domingo celebramos o día da muller. Benvido/as o paseo da fama das nosas mulleres!! Por ti, por min, por elas por nós, por vós, por elas.... Polas que estamos  polas que xa non están Polas que veñen  polas que virán....