Saltar ao contido principal

Publicacións

Moitos contos que contar...

Bos días!! como foi a fin de semana?, xa estamos en primavera!!! Xa van alá 2 venres sen levar libros da biblioteca, e temos pendientes 3 contacomigo: a mamá de Elia, o irmán de Dylan e o papá de Nacho, que non me olvidei da sua promesa. Tanto tempo sen contos non pode ser ( ainda que seguro que na casa ledes moitos), que vos parece se hoxe nos convertimos en pequenos escritores? Tedes que inventar un conto pequeno e pode participar toda a familia! Gravadeo co móbil (solo audio)e enviádesmo ao meu correo: soniacancela@edu.xunta.es para que poida escoitalos e decídelle as vosas mamás que os envíen o seu grupo de whatsApp ,ademáis de pasar un rato divertido seguro que vos botades unhas risas. A volta escoitarémolos na clase Eu deixovoo o que fixemos nós na nosa casa: Gorka e Xurxo ( os meus fillos), Nacho ( ó papá) e eu. Espero que vós guste!! A grabar!!!!

Reciclar.

Bos dias!! hoxe, é pensando xa na fin de semana, propóñovos unhas manualidades ben sinxelas e que tanto nos gustan na clase, con rollos de papel hixiénico.  Aquí deixovos uns modelos, pero por suposto, podedes facer as que vos queirades. Gardádeas moi ben e á volta poñéremolas na clase, igual facedes algún lapicero simpático, ou uns adornos chulísimos para decorar, prometo buscarlle sitio a todos!!!  Un bico moi forte a todos e recordade que xa falta un pouco menos para que nos vexamos!! A traballar!!e boa fin de semana a todos!!

Última hora

Bos días de novo, desta vez póñome en contacto con vós para comunicarvos que desde a consellería pídennos que en caso de darse algún positivo entre o alumnado ou os seus familiares, por favor nolo comuniquedes para nós poder comunicarllo a eles. Podedes facernos chegar o comunicado chamando o centro ou a través do correo do centro. Moitas gracias pola colaboración e ánimo. Un saúdo

Psicomotricidade

Bos dias!! como foi a cociña de onte? saíron uns postres ricos ou riquisimos? Hoxe toca moverse un pouco, aínda que estou segura que xa o estades facendo. Seguro que a vosas familias teñen gardados os videos do festival do entroido, pois propóñovos que bailedes ese mesmo baile para entrar en calor e seguidamente preparedes un circuito na casa coas sillas, mesas coxíns....para acabar cunha sesión de relaxación. Pola tarde escribiredes tamén 5 palabras que empecen por A, 5 que empecen por E, 5 que empecen por I, 5 que empecen por O e 5 que empecen por U.  Á volta á clase recollereinos e mirarémolos todos xuntos na clase. Bo día a todos!!

A cociñar!!!

Bos días clase!! como foron eses arcos da vella? estou desexando velos e facer a nosa pequena exposición. A tarefa de hoxe vai ser colocar un mandil e ...a cociñar!!!!   Deixovos unha receita moi fácil dun biscoito que triunfa na miña casa, pero vós podedes facer o que queirades, galletas, magdalenas, tartas....ou unha comida rica. Empezamos. Ingredientes : 4 ovos. 1 vaso de azuvre( 250g aprox) 1 vaso e medio de fariña (375g aprox) 200 ml de tona (nata) 1 sobre de fermento (royal) un pouco de manteiga para o molde. fideos de chocolate (opcional) Preparación: en primeiro lugar bate os ovos co azucre, engádelle a tona e mestura ben. Vai botando a fariña e o fermento pouco a pouco sen deixar de remexer.Cando esté unha masa homoxénea, e dicir todo igual, bótalle uns pouco fideos de chocolate, a gusto do consumidor. Avisa a mamá ou papá para que quente o forno a 180 grados. segundo paso: unta o molde onde vaias facer o biscoito cun pouco de manteiga. Bótalle a masa qu...

O arco da vella.

Bos días!!! sumándonos a iniciativa que está circulando polas redes sociais propóñovos facer o mesmo, aproveitando que hoxe tocaba a grafismo:  o arco da vella da solidariedade baixo o lema: Todo vai ir ben!! Deixovos aquí un modelo pero, por suposto, vós podedes cambialo, deixade voar a vosa creatividade e a traballar!! Anímovos a colgalo nas ventás, podedes sacarlle fotos ó voso arco, a vós facéndoo...sdería bonito que a volta, cando xa poidamos estar xuntos na clase, trouxerades o arco, as fotos... e facer un pequeno mural no corredor. A traballar!! e recordade lavar moito as mans, tusir no cóbado, non na man e todo vai a ir ben, seguro que nos vemos moi pronto!!

Crisis do coronavirus

  Estamos ante unha situación atípica que ós nenos /as lles costa entender e asimilar, sen cole, sen parque, metidos na casa e todo por algo que falan os maiores: o coronavirus, pero que é o coronavirus?. Aqui vos deixo por se é do voso interese un pequeno resume de que é o coronavirus para que llo ensinedes os vosos pequenos. Animo coa concilia, recordade quedar na casa na medida do posible e todo vai a ir ben.