Saltar ao contido principal

Publicacións

Os números

O outro día foron as letras e hoxe son os números. Outra canción que escoitamos moito na clase. Estade atentos que estes días subirei moitos videos e cancións!! Feliz día!! números  (pinchade en números)

Grafismo.

Bos días!! Empezamos a última semana de marzo!! Hoxe, aproveitando que tocaba grafismo, deixovos esta proposta. Ides a ser uns peluqueros un tanto...especiais. Deixovos aquí un par de modelos, escollede o que vos queirades e poñédelle os pelos que vos apeteza!! Estanme chegando tamén unhas ideas que fixeron os vosos compañeiros, como neste caso Rubén, que fixo algo que eu sempre fago no terceiro trimestre: plantar!!  Aquí vos deixo as sementes deste pequeno gandeiro!! e mirade que biscoito preparou Dylan, e esto antes de ir o forno!!

Debuxos agasallos...

Empezanme a chegar os primeiros debuxos para os cumpleañeros!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻  Moitas gracias ALDARA  polo teu debuxo!  E siguen chegando máis debuxos para os cumpleañeros, esta vez é Dylan o que quere felicitarvos con este debuxo tan chulo!! Moitas gracias DYLAN !!  e tamén me gegou outro contiño, o de Dylan que nos deleita cun conto moi coñecido por todos nós: COCORICO!!! Moitas gracias Dylan! á volta escoitarémolo na clase!! Un novo debuxo agasallo para estes peques que estan de cumple, agora foi Nacho o que vos fixo este debuxo tan chulo ! Moitas gracias !! E siguen chegando debuxos!! esta vez de Carlos e e de Rubén, moitisimas gracias!!! 

Parabéns para ti......

Hoxe celebramos o cumple de 3 dos nosos compañeiros: Carlos, Yago e Mateo. Moitisimos parabéns mozos!!!!🎂🎉🎈🎁 que disfrutedes moito o día e  comades moita tarta!! Hoxe deixovos unha tarefa moi sinxela, facerlle un debuxo os vosos compañeiros, podedes enviarme as fotos ao meu correo de yahoo e eu suboas no blog para que os cumpleañeiros poidan ver os vosos debuxos. Propóñovos que deta volta fagades un debuxo diferente, que vós parece con témpera e bastoncillo, a modo de puntillismo? deixovos un exemplo.   Deixovos por aquí oas manualidades que fixo Dylan a fin de semana pasada.  Xenial Dylan!! agora anímate co conto!! E lembrade tódalas familias que tedes que baixar a aplicación abalar móbil, xa que nesta segunda avaliación é a única vía pola que podemos enviar os boletíns. Boa fin de semana!!!

Adiviña, adiviñanza.....

Bos días clase! como estades?, hoxe tardei un pouco en entrar porque tiven unha pequena reunión co equipo directivo do centro e informanme que por favor, as familias descarguedes o abalar movil porque nesta avaliación as notas van a ir a través desta vía. Tarefa de hoxe: adiviñas!! propoño que hoxe pensemos adiviñas, que as escribamos aquí no blog e as vaiamos contestando tamén aquí, será  unha maneira de estar como na clase. Empezo eu.  Canto en la orilla vivo en el agua, no soy pescado, ni soy cigarra.  ¿que será?

Maxia!!!

Bos días clase!! onte chegoume o conto de Rubén e tamén a ilustración, xenial!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 moi ben Rubén e familia, con policias así non hai virus que entre 😅 sigo esperando os contos dos demais nenos/as. Para hoxe teño preparada unha actividad moi sinxela e moi máxica, faremos tinta invisible!!  Fai moito tempo que non vexo o voso nome e apelido (á volta comezaremos co segundo apelido) por iso hoxe ides escribir o voso nome e apelido e os números ata o 30 con tinta invisible. Ingrdientes:  Un limón. Un bastoncillo. Folios blancos. Unha lanterna ou secador. como se fai? Exprimimos o zume de limón para un vaso, empapamos o bastoncillo nese zume de limón e escribimos o noso nome e apelido, os números ou notas para papá e mamá, avós, irmáns.... unha vez escrito dámoslle calor cunha lanterna, secador ou calquera outra fonte de calor, se non se ve ben poñémola na ventana e a contra luz sairá a nosa mensaxe secreta. A traballar pequenos detectives máxicos!!