Saltar ao contido principal

Publicacións

A cociñar!!

Bos días! hoxe quero que poñades gooro e mandil porque ides a ser uns cociñeiros especiais. Imos a cociñar uns platos moi especiais co libro: la cocina de dibujos de Hervé Tullet, un aiutor que me encanta e que se non fora polo coronavirus e este parón presencial teriamos traballado moito con el no taller de grafismo. Hoxe propóñovos 2 pratos: Delicia de garabatos e e brochetas de formas. Delicia de garabatos : Para empezar debuxa un bonito garabato n o centro do plato. Despois debuxa outro garabato enriba, acuñando un pouco máis o lápis. Engade un último garabato fino e delicado . Agora reparte polo prato 4 garabatos medianos , 5 garabatiños especiais e 8 mini garabatos de diferentes cores. A continuación debuxa un bonito círculo ao redor de cada un dos garabatos. Para acabar esparce unha choiva de puntiños de coloríns por riba. Borchetas de formas: Traza 4 líneas longas e ben rectas no prato. Na primeira liña engade unha bonita ringleira de círculos. Na segunda li...

LSE

Bos días! como van esas orlas, onte chegaronme as de 3 compañeiros, vistes que guapos nos puxeron a todos! Gracias Noa, Nacho e Dylan por sacarnos tan guapos!! O domingo (14 de xuño) foi o día nacional da língua de signos (LSE) e para celebralo, os meus fillos fixeron estes 2 carteis. Xa sabedes o moito que me gusta a mín a língua de signos e o importante que é, porque gracias a ela os meus fillos poden comunicarse cunha nena do cole e estiveron en contacto toda a corentena, ojalá algún día, a língua de signos sexa un idioma obrigatorio en tódolos coles e dende infantil, e mentras chega ese día, a miña tarefa para hoxe é que vós fagades o voso propio cartel para celebrar o día da língua de signos. Podedes facelo con ceras, tipo collage, pintutra de dedos... o que se vos ocorra! eu deixovos, a parte dos carteis que fixeron os meus fillos, o abecedario dactilolóxico, para que parctiquedes no verán. Estou esperando os vosos carteis!! e aquí chega o carteliño de Nacho, é chul...

Orla final...

Bos dias!! que tal a fin de semana?  Xogastes no xogo quen é quen de profes?  Aquí está o resultado!! cantos adiviñastes quen era eu? A tarefa de hoxe vai ser algo coma esto, quero que fagades vós a nosa propia orla de clase pero en vez de fotos quero que nos debuxedes a todos, a min tamén!!Ánimo que xa queda moi pouco, estamos na última semana de clase!! Cando as teñades feitas enviademe esas orlas tan chulas que vos van a quedar, imaxinación o poder!!  e aquí teño a primeira orla do dia, a de Nacho!! e aquí me chega a orla de Noa! e aquí me chega a orla de Dylan! e aquí temos a orla de Rubén e aquí chega a orla de Carlos!

Alto!!

Bos días!! Que tal co xogo dos profes, xa participastes?  Hoxe deixovos outro xogo para facer toda a fin de semana e se o plastificades quédavos para sempre.  O xogo do abecedario pero con máis datos. A letra podedela elixir vós e onde indica cidades, por suposto valen aldeas, pobos... A xogar!!

Nós tamén fomos nenos....☺️

Onte a mamá de Carlos, moitisimas gracias Ana, compartiuvos polo grupo un xogo, eu hoxe déixovolo aquí de novo por se algúen onte aínda non xogou. Que xa me recoñecestes?, Sabedes quen son eu? 😀😀 Espero que xoguedes todos e todas e vos botedes unhas risas con este xogo de profes, nós facéndoo pasámolo xenial. A xogar!!! quen é quen..?    A parte de enviar os vosos resultados a plataforma tamén quero que me comentedes por aqui quen pensades que son eu... hoxe non vou contestar, nin mañán, para que aqueles que aínda non o fixeron poidan xogar,simplemente a aqueles que comenten poñereilles unha cara sonrinte para contestarlle, pero ollo, eso non significa que esa resposta sexa á acertada ou non,  pero o domingo dareivos o resultado nesta mesma entrada.😁

A medias...

Bos dias!! como foron as sumas de onte? sei que algúns moi ben, estades feitos uns campións! que ben traballades!! Hoxe deixovos unha tarefa moi sinxela, tedes que axudarme a completar as figuras xeométricas. Fixádevos!! tedes o modelo arriba de cada forma xeométrica. Como esta tarefa é moi sinxla quero que despois de rematada , seguindo o modelo que vos deixei onte para descompoñer as palabras, fagades o mesmo co nome de tódalas formas xeométricas que tedes aquí.  A traballar!! e aquí chegan os traballiños de Noa e Miguel e os traballiños de Rubén e Dylan

A sumar!!

Bos días!! Como vos foi onte coa clasificación de palabras, eran moitas, seino, pero tedes toda a semana para facelo, tranquilos!!  Hoxe imos traballar lóxico-matemáticas e vouvos deixar unhas sumas para que sigdes collendo práctica, xa sabedes sumar é o mesmo que xuntar, ou cando eu digo: en total son...eso significa que etades sumando, fixéstelo durante todo o curso (que estivemos xuntos ) na asamblea, cando contabamos en total cantos estaban na casa e cantos estaban no cole. Como vedes estas teñen putos en vexz de debuxos e tamén os números abaixo, que é o xeito no que aparecen sempre as sumas. Cando teñades o resultado rodeádelo na recta numérica arriba, para que eu vexa que seguides recoñecendo os números, e podedes aproveitar tamén para contar cara adiante e cara atrás, como faciamos na clase. A traballar!! Aquí chegan os traballiños de Noa, Dylan, Rubén, Miguel e Nacho