Saltar ao contido principal

Publicacións

Meteorólogos.

  Hoxe incluimos unha nova rutina a asamblea, convertirémonos nos mellores meteorólogos de Trazo.  Cada día miraremos pola ventana para ver o día que fai, e acompañados dunha canción que en breve aprenderemos: ventaniña da escola en língua de signos (LSE) e despois eles farán o mesmo na súa folla que o final de cada trimestre levarán para as súas casas. Con esto non so traballamos música, sincronización, LSE,senón que tamén aprendemos a verbalizar o tempo que vemos e sentimos e traballamos tamén lóxico-matemática o final de cada mes contando os días totais de sol, nubes... e decir, traballamos o conteo e a suma. e....que estarán facendo os nenos que se quedan a valores? en breve teremos o resultado final dunha das partes.

Este conto.....

  vai dar moito que falar.... Achegase o tempo máis terrorifico do ano.....achégase Samaín...... Tamén hoxe repasamos as formas xeométricas nun pequeno libro que irá medrando a medida que avance o curso e os seus coñecemento. Con este libro non so traballamos as formas xeométricas senón que tamén traballamos as cores e como o traballo é todo manipulativo tamén desenvolvemos a psicomotricidade fina, básica para o proceso da lectoescritura.

Cestas do Outono

  E velaquí están as vosas cestiñas cheas de outono, risas e seguro que algún pinchazo cos ourizos....  Parabéns familias, son unhas cestas chulísimas!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻🍁🍂🍄

Trazos

  e para rematar a semana repasamos o trazo horizontal, e a verdade, é que van  avanzando moito no seu traballo.  E para que bailedes moito esta ponte deixovos unha canción relacionada con esta estación e que bailamos moito na clase. Boa fin de semana!! O outono . (Xa sabedes, pinchade aquí)

Recunchos

  Como xa vós dixen na reunión de principio de curso, despois de comer, os nenos chegan moi cansados por eso é o momento ideal para xogar tranquilamente nos recunchos. Despois de usalos desinfectos e quedan en corentena uns días ata que pasan para outro grupo.  Temos o recuncho de plastlinia, arte, construcións, ensartables e animais. Tamén, a profesora de inglés, Marita, aproveitando o bo tempo dou parte da súa clase o aire libre. LEMBRADE: Mañá venres é o último día para enviar as fotos da cesta do outono, fotos que subirei o luns 12 ó blog. De momento so teño 3 participantes. Outro tema importante:  Este ano, como tamén xa vos comentei na reunión, as titorias serán telefónicas e so en casos moi graves presenciais.  Na nosa aula xa temos varias vías de comunicación: blog (no que vos tamén podedes participar), abalar, tedes o meu correo, temos a libretiña  pero ainda así,  eu cada mes (tirando cara finais de mes) mandareivos por abalar un pequeno informe ...

Número 1

  Seguimos traballando na grafía, discriminación e asociación da grafia a cantidade do número 1. Ademáis, o monstro de cores presentounos a recta numérica que imos practicar tódolos días, non solo no momento da asamblea senón tamén en calquera outro momento do día, antes de ir o comedor, antes de marchar para a casa.... E para que cantedes na casa deixovos unha canción que estamos escoitando moito estes días... canción dos números . (pinchade aquí) A cantar e a contar!!!!

Contiño, contiño....

  e hoxe rematamos o noso mural coas follas feitas por eles, unha clase de artistas!!  e claro, despois de traballar tocaba relaxarse, e mentras uns acababan  de merendar outros xa estaban lendos contos tranquilamente. O recreo de hoxe tocounos no patio cuberto e alí (bueno, fora tamén) o único que poden facer é correr e tirarse no corcho,pero aínda asi este tempo de recreo faisenos moi corto.... AVISO IMPORTANTE:  hoxe os nenos do autobús levaron o seu carnet co nome, curso, parada... este carne vaise usar todo o curso, tanto para vir da casa o cole como do cole para a casa, así deberemos coidar tanto o carnet como a cinta, xa que nos valerá para o curso seguinte.