Saltar ao contido principal

Publicacións

Adornos de nadal....

  aquí están os primeiros adornos para o vosa árbore de nadal, espero que lle poidades facer un sitiño...🎄

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!!! Moitisimos  parabéns Pablo!! que disfrutes moito esta tarde, que comas moita tarde e teñas moitos agasallos, moitos bicos e moitas apertas. Xa me ensinarás ese coche vermello😜

Papá Noel.....🎅🏻

  A visita máis importante deste mes xa está creca pero nós non podiamos deixar que se presentase nas casas dos nenos con esas barbas taaaaannnnnn longas, por iso improvisamos unha perruquería na aula, así cortandolle as barbas a papá noel traballamos a psicmotricidade fina. Xa temos a papá noel preparado para o 24 de decembro!!🎅🏻

Nós xa nos estamos....

  preparando!! O luns teñen que traer o tubo do papel hixiénico porque imos facer un adorno de nadal para a vosa árbore. Pasade unha boa fin de semana!!

Unha sesión de psicomotricidade...

  e hoxe, coma tódolos xoves, tocou movelo esqueleto, aínda un pouco máis, tivems a nosa sesión de psicomotricidade que empezou con estiramentos, seguiu co xogo das estatuas e acabou cunha sesión de relaxación no que algún case, case se me queda durmido. Uns aunténticos deportistas!!🥇

Conteo navideño...

  Estamos en datas de nadal e os nosos xogos teñen que adaptarse a esta época, por iso, desta volta xogamos coa lóxico-matemática con temas relacionados con esta temática, así traballamos o conteo, a discriminación dos números e a psicomotricidade fina.

Chegou o nadal...

  a nosa clase e con el chegaron as vocais!! Deixovos tamén o menú deste mes e unha foto de como estaba o patio despois das saraibas que caeron, menos mal que nos colleron no comedor!! Hoxe, na carpeta da biblioteca,(os que non levaron esa carpeta levaronno na carpeta da mochila) levaron un papel pequeno de cor para que escribades cos vosos fillos/as un desexo para o 2021, e poñerémolo no mural dos nosos desexos. Feliz ponte!!