Saltar ao contido principal

Publicacións

Parabéns para ti....🎂

  nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Gael! que pases un día xenial, que teñas un montón de apertas, bicos e agasallos, disfruta moito da festa e da tarta e moita sorte pola noite con papá noel!🎅🏻

Bo nadal!!!

  Que pasades unhas felices festas e que tódolos soños se cumplan! Recordade que o blog non estará pechado, temos cumples que celebrar e videos que subir, lembrade mandarme esas fotos! tedes de plazo ata o 27. Bo nadal!!

Cartas......

  ENVIADAS!!!! O carteiro real vai ter moito traballo porque o buzón está cheo de soños, ilusións e sorrisos!

Por un 2021...

  cheo de desexos cumpridos! E así está quedando o noso mural dos desexos, animádevos a seguir mandando máis e encher o mural. Hoxe os nenos non levan libro da biblioteca porque para a semana solo son 2 días de clase e tampouco vn levar nas vacacións. Aproveito para ensinarvos a mochila que trouxo Pablo para levar os contos da biblioteca, aproveito a ocasión para comentarvos que se queredes podedes pedirlle unha deste estilo os reis, así os nenos/as sempre levarán as mans libres. Pasade unha boa fin de semana e recordade que o martes 22 poderán vir vestidos con motivos navideños ó cole!1

Creo que...

  hoxe a sobremesa gustou, e gustou moito, as probas me remito 😜😋 e os nenos/ as de valores remataron a primeira canción feita con pintura de dedos!! Nadando sen parar de mamá cabra. E para rematar o día ahí vai outro adorniño para a árbore de nadal, espero que este tamén teña un sitiño. Para a semana imos escribir a carta dos reis magos e despositala no buzón que temos na escola, o buzón do carteiro real. Precisaría que por favor me enviasedes folletos de revistas de xoguetes para que eles poidan recortar e pegar na carta o xoguete que lle van pedir os reis. E como este ano non se pode facer moita cousa, pensei que para dalgunha maneira facer o día 22 un pouco distinto (día no que acaba á clase e levan os traballiños deste trimestre para a casa), os nenos/as poidan vir vestidos con motivos navideños: xerseis, gorro de papá noel, o que se vos ocorra. Moitas grazas!!

Adornos de nadal....

  aquí están os primeiros adornos para o vosa árbore de nadal, espero que lle poidades facer un sitiño...🎄

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!!! Moitisimos  parabéns Pablo!! que disfrutes moito esta tarde, que comas moita tarde e teñas moitos agasallos, moitos bicos e moitas apertas. Xa me ensinarás ese coche vermello😜