Saltar ao contido principal

Publicacións

A cociña non para...

  E hoxe recibimos as receitas desta semana, estou rodeada duns auténticos profesionais!!

A pulga e o piollo.

  Esta semana comezamos a traballar este conto onde ademáis de pasar un momento divertido e entretido lendo o conto, taraballamos a lóxico-matemática, a lectoescritura, a psicomotricidade fina, os animais e a celebración dunha festa, neste caso unha voda. Hoxe tocounos decorar o pastel pegando papeliños de cores que previamente tiñamos rasgados, traballando así a psicomotricidade fina. Deixovos tamén o menú deste mes.

E a M apareceu na clase!!

  e seguimos aprendendo a grafía de novas letras. Estes dís estalle tocando o turno a letra M.

Os fogóns seguen encendidos!!👨🏻‍🍳

  Seguimos co noso libro de receitas e hoxe tocoulle o turno a este 3 pequenos-grandes cociñeiros, que ganas teño de disfrutar destas receitas!😋

LEOTOLDA!!

Como xa vos dixen a semana pasada Leotolda iba a dar moito xogo e velaquí o tedes. Hoxe levan a súa bolsiña, en cada unha delas vai un xogo de cartas de memoria, uns títeres para que poidan eles xogar e representar o conto como queiran, unhas fichas e unha lámina de números ata o 29, esa lámina é para quedar na casa (bueno, todo é para quedar na casa), pero con esa lámina poden repasar os números tódolos días, saber cantas cifras ten cada número, saber porque  número empezan aqueles que teñen 2 cifras...tede ben a vista esa lámina meus miudiños!!  E hoxe, quero agradecerlle, volver a agradecerlle a Pablo, o profesor de segundo que se involucrou neste proxecto sen dubidalo e elaborou todo o material e  os meus fillos que fixeron os debuxos de Leotolda das cartas e decoraron eles as bolsas, como vedes eu aquí solo fun a cabeza pensante e lianta que decidiu facer un pequeno proxecto dun conto, unha actividade e uns padriños lectores de 10. Fixemos un moi bo equipo, moitisima...

Chegou a letra P a nosa clase!!

  e xa avanzando un pouco máis na nosa andaina polas letras, chegou o momento de darlle a benvida a letra P, xa sabemos como sona e agora temos que practicar a súa grafía. Que empeza por P?