Saltar ao contido principal

Publicacións

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisímos parabéns Mateo! disfruta moito do teu día e xa nos contarás mañán de que era esa super tarta!😘

17 de maio...

día das letras galegas, día do nosos! Com xa sabedes esta fin de semana tiven problemas para subir ó vídeo ó blog, enviévolo a todos por wetransfer, algunhas familias xa o descargastes, para aquelas que non o fixeron tedes unha semana para facelo, de non ser así, o propio sistema borrará o vídeo. Disfrutade do noso!💙 Velaquí vos deixo o vídeo,tal e como vos comentei por abalar, con outra música de fondo pero...foi o que conseguín esta fin de semana, alégrame saber que vós tedes o orixinal. Comenteille e paseille o vídeo tamén o coordinador de tics do cole para que o suba tamén a web do centro Agora si...disfruatde do noso💙

As cociñas...

  esta semana estiveron a medio gas porque tivemos 2 cociñeiras de baixa, pero aquí vos deixo a Mia que nos fixo unha receita riquísima!! O sábado é o día da familia é para celebralo os miudiños levan este pequeno agasallo para vós feito con todo o cariño. Disfrutade desta longa fin de semana e estade atentos o luns ó blog que celebraremos o día das letras galegas!

Valores.

  Os nenos que non van a relixión e quedan conmigo a valores estamos traballando o conto: o coelliño branco, un clásico de Kalandraka. A semana pasada xa lle fixemos a casa e hoxe tocou prantar as coles para facer o caldiño. Lembrade que mañán é o último día para mandar a foto para o vídeo das letras galegas. Moitas grazas!!

E se chove...

  que chova!!As nosas nubes son especiais e axúdanos a traballar a lóxico-matemática. Discriminación dos números, asociación a número-grafia e cantidade. Se no fondo...solo caeron 10 pingas de nada!🌧

A nova pizarra!!

  Dende fai unhas semanas temos na clase unha pantalla enorme onde ademáis de por fin poder ver os nosos vídeos en grande, tamén se pode usar de pizarra, e como lles gusta a estes miudiños practicar ahí os números, as letras, a escrita do seu nome...

Unha hortiña no cole.

 H oxe a primeira hora fomos a horta do cole ( o lado do pabillón de secundaria), a prantar menta. Esta actividade foi promovida polo profesor de secundaria, anticipándonos así o día do medio ambiente, que se celebrará en xuño e no que volveremos a visitar a nosa prantiña. Lembrade enviarme as fotos que vos comentei no abalar e tamén que os nenos tarian unha gorra para deixar no cole, así os días de calor poderán tela no recreo. Boa fin de semana!!