Saltar ao contido principal

Publicacións

Vocabulario...

Hoxe, despois de inglés e despois de psicomotricidade xogamos co vocabulario, tamaño, formas xeométricas, repasamos lectoescritura, o concepto matemático moito-poucos...  accións, cores....e todo cunhas imaxes sinxelas. Este tipo de xogos encántanlles e soen estar moi atentos!!

Traballando lectoescritura.

   Como xa vos dixen, no pequeno proxecto dos 3 porquiños imos traballar a lóxico-matemática, a lectoescritura, a secuenciación... e hoxe traballamos a lectoescritura, así vimos de diferentes palabras que aparecen no conto as vogais que ten, as consonantes, como sona cada consonante... e hoxe repasamos tamén o número 2.

Menú xuño

   Aquí vos deixo o menú deste mes.

Os 3 porquiños.

  Empezamos semana e case mes cun pequeno proxecto baseado nun conto popular moi coñecido por todos: os 3 porquiños. Con este proxecto traballaremos a lectoescritura ( máis a nivel pizarra), a lóxico-matemática, a secuenciación, xa que serán eles os que ordenar as viñetas, o vocabulario e os contos populares.

Seguimos...

  o conteo, a asociación número-cantidade- grafía, a discriminación de números e esta semana fixémolo refrescándonos un pouco.

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitísimos parabéns Martina! que disfrutes moito a tarde e mañán xa nos conta todo!!!

Traballamos a lóxica

     Hoxe, ademáis de outras oitas cousas, traballamos a lóxica cunhas tarxetas que contiñan preguntas,els tiñan que responder si ou non e algunha outra pregunta que lles preguntaba eu a maiores.  Traballamos así o vocabulario, o turno de quenda de cada un e o razonamento. Mirade tamén no recuncho de plástica que artistazas temos na clase e para finalizar este día, 5 minutiños antes de marchar para o bus/casa tranquilidade absoluta escoitando música tranquila.