Saltar ao contido principal

Publicacións

Boa fin de semana

  Deixovos por aquí o plano da clase, como están distribuidos os nenos, aínda que nas fotos que vos fun subindo xa podedes ter unha pequena idea. Boa fin de semana!

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Disfruta moito o día Lía, que teñas moitas sorpresas en forma de apertas e bicos!

Psicomotricidade fina

  Unha boa psicomotricidade fina fará que teñamos un bo proceso lectoescritor de ahí a súa importancia á hora de traballala. Como podemos facelo? pegando gomets (pegatinas), rompendo papeis, facendo boliñas, rasgando papaeis...algo que faremos con frecuencia na clase. Hoxe a parte de traballar conceptos como un e moitos traballamos tamén a psicomotricidade fina pegando gomets.

Recreo!!

  e hoxe, por fin saimos o recreo e non sabedes canto disfrutamos!! Mañán lembrade que xa veñen todo o día, con comedor, transporte...e igual que xa emepzamos estes días coas rutinas de aula, que pouco a pouco van coñecendo e desenvolvendo sen problema. Empeza unha nova etapa. máis tempo no cole pero tamén máis tempo para aprender e disfrutar. Rutinas na casa como un bo almorzo, preparar a mochila e facer pis antes de sair da casa axudarános a afronta esta nova etapa xuntos. Descansade moito esta noite, a por todas meus pequenos!!

A nosa primeira merenda xuntos!!

  e a verdade é que non foi nada mal?  continuará...

Boa fin de semana!!

  Rematamos a primeira semana case enteira de adapatación e a valoración é moi positiva!Parabéns a ese pequenos e as súas familias! Como vedes, hoxe os nenos levaron una carpeta para a casa. esa carpeta será a que usemos cando empecemos co préstamo de libros da biblioteca, por eso é importante que volva para o cole de novo. Nesa carpeta vai o horario, lembrade que os días que teñen psicomotricidade teñen que tarer chandal e tenis, vai tamén un pequeno resumo da reunión que tivemos o primeiro día, oun folio para que por favor me escribades de novo os 3 tfnos os que chamar e un correo, este é para quedar na aula e telo sempre a man xa que o outro vai ir para o expediente. Vai tamén unha folliña cos contidos que traballaremos este ano e outro folio para ter comprobar que tódolos datos están ben. Mándovos tamén un modelo para cubrir as faltas xustificadas por vós, que pode ser este o outro calquera, solo é un modelo. LEMBRADE: Os días 20 e 21 van a entrar polo portalón e airán polo mew...

Percheiros!

  Seguimos avanzando coas rutinas, e unha delas, polo menos no inverno e non tan inverno, será colocar as nosas cazadoras no percheiro, que ten o seu nome e a súa foto para que poida ser indentificada correctamente. Xa sodes algúns os que tedes xa comprada a libreta /axenda, recordarvos que sempre ten que vir na carpeta e na mochila e recordar tamén que cando me enviedes unha nota e cando eu faga o mesmo veña a libreta aberta onde está escrita a nota, para así cando revisoas mochilas ver nunha pasada se hai notas ou non. Lembrade tamén que antes do 21 (inclusive) debedes entregar( aqueles que non o fixestes) os papeis cubertos que vos dei o día da reunión. Moitas gracias e a disfrutar o día de mañán!!