Saltar ao contido principal

Publicacións

O Outono 🍂🍁🍄🌰

  O outono chegou a nosa clase e este mes traballaremos sobre el. Que pasa no Outono, froitos típicos, que tempo vai no outono.... Hoxe xa aprendemos varias cousas....

Dentro -fora

  Seguimos traballando os conceptos: dentro-fora, grande- pequeno e as formas xeométricas pero esta vez pintando cos nenos, algo que en xeral gusta moito!!

A aventurta dos números

  Empezamos a traballar a grafía do número 1 , unha nova aventura de aprendizaxe que afrontaremos neste curso. Feliz fin de semana!

Pintamos coas mans

  Hoxe, a parte de achegarnos o concepto: moitos-poucos, qie fixemos cunha ficha moi sinxela, onde ademais  traballamos a psicomotricidade fina xa que tiñan que pegar gomets. Como vedes, o desenvolvemento da psiicomotricidade fina está moi presente en todas ou en case tódalas activiades. Onte, pintamos coas mans, algo que me levou a comprobar algo que me deixou moi contenta. Están conseguindo saber lavar as mans eles sos e de forma autónoma e están aprendendo a saber esperar o seu turno sentados na mesa e sen berrar. Un aplauso polos miudiños de Sigúeiro!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻  

Psicomotricidade fina

  Seguimos manipulando e traballando a psicomotricidade fina, desta volta rompendo papeles e non vexades como lles gustou, xa temos uns montonciños preparados para despois poder pegalos noutra ficha, outra acción que tamén require unha boa psicomotricidade fina. Esta actividade pódena practicar na casa , eu fíxena con papel de seda pero vale periódicos, papeles vellos... que sexan fáciles de romper en cachiños pequenos, porque o papel de seda a algún resistíaselle.

Montando elementos...

  Seguimos traballando coa psicomotricidade fina o mesmo tempo disparamos a imaxinación.  Que podemos facer e montar con estas pezas...?

Trazos

  Xa levamos uns días facendo traballo individual na mesa, comezamos polos trazos sinxelos, vertical e horizontal ou arriba e abaixo, como de momento lle digo a eles. Empezamos na práctica de coller un lápis, de seguir os puntiños para marcar o camiño indicado...a estar sentado traballando cada un no seu e a traballar en silencio. Non o están facendo nada mal!!