Saltar ao contido principal

Publicacións

Feliz Outono!!

  E velaquí o voso Outono!!🍁🍄🌰

Boa fin de semana!

E para rematar a semana un pouco de tranquilidade antes de marchar. Hoxe, e xa pensando no samaín, os nenos levan unha notiña na carpeta. Animádevos a decorar a vosa cabaza!

Os nosos números 1

  Hoxe fixemos nós soiños o número 1, sen axuda e sen ir polos puntiños e velaquí tedes algúns dos resultados. Moi ben miudiños!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻

Cores e vocabulario

  Levamos uns días traballando as cores e traballando vocabulario cun xogo que lles gusta moito, moito. Ademáis con el tamén traballamos a psicomotricidade fina, a tonacidade...aprendemos a esperar o noso turno e pasámolo xenial.

Como nos gusta o outono!

  Seguimos traballando no outono, no que pasa no outono, os seus froitos e as cores do outono.

Recreos creativos.

  E no patio cuberto seguimos creando!! sairon fantásticas construccións, de aquí sae algún arquitecto ou arquitecta!!😜

Punzóns.

  Que maiores somos mamis e papis!! hoxe, por primeira vez usamos o punzón para poder picar e ademáis de ser divertido é unha actividade de nenos maiores que fixemos sen problema, eso si, con moita concentración. Boa fin de semana!!