Saltar ao contido principal

Publicacións

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, mooitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitísimos parabéns Diego!! pasa un día xenial cheo de bicos e apertas!!

Feliz noite de Samaín!!

 

Seguen chegando...

  e seguen chegando as cabazas para a exposición!! e preséntovos tamén  o debuxo que presentamos para o concurso do cole, a ver que pasa...🤞🏻🍀😄 Lembrade que mañán os nenos/as poderán vir disfrazados de temática samaín, recomendamos que os disfraces sexan de 2 pezas para favorecer a súa autonomía á hora de ir o baño e poderán vir sen mandilón para que poidan lucir os seus disfraces!!

Pero que artistas!!

  Pero que artistazas estou vendo! estades traendo unhas cabazas moi elaboradas, parabéns!!  Como xa vos contarían os nenos na casa temos un alumno en prácticas na nosa aula, chámase Miguel e estará con nós ata o 22 de decembro.  Esperamos que o pase oi ben, que aprenda moito e que siga tendo ilusión por esta profesión tan bonita.

Galiñas poñedoras

  E chegaron as galiñas poñedoras a nosa clase, pero estas galiñas son especiais xa que non poñen os ovos que queren senón que poñen os ovos que nos indica o número. Asi traballamos o conteo, a serie numérica, discriminación da grafía do nñumero, asociación da grafía a cantidade, a psicomotricidade fina a hora de coller os pompóns que simulan os ovos, as cores dos ovos e o tamaño destes. Un xogo moi completo.

Feliz Outono!!

  E velaquí o voso Outono!!🍁🍄🌰

Boa fin de semana!

E para rematar a semana un pouco de tranquilidade antes de marchar. Hoxe, e xa pensando no samaín, os nenos levan unha notiña na carpeta. Animádevos a decorar a vosa cabaza!