Saltar ao contido principal

Publicacións

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimas feliciades Mía! que disfrutes moito o teu día, que veña cargado de bicos e apertas!

Pequeno azul-pequeno amarelo

  Hoxe comezamos un novo pequeno proxecto baseado neste coto: pequeno azul-pequeno amarelo. Nel traballaremos as cores azul e amarela, que pasa cando estas se xuntan, a forma xeométrica: o círculo, traballaremos a psicomotricidade fina rompendo papeis para despois pegar...e o final teremos o noso pequeo conto feito por nós.

Magosto

  E hoxe...para rematar a semana....festa!! celebramos a festa do magosto, comemos castañas, rimos, cantamos, bailamos... E recibimos un premio por presentarnos ó concurso de composicións ( o pote que vos ensinei o venres pasado). Levades tamén unha folla para que escribades ditos, cantigas, refráns populares acordea a esta época do ano na que estamos, os nenos/as poden decorar a folla como eles queiran. Para a semana podedes empezar a traelo, como data límite o o luns 15 de novembro, despois farei un pequeno libro para cada neno. Boa fin de semana!!

Discriminación do número 1

 Seguimos traballando o número 1, non so a súa grafía e a súa cantidade senón tamén a súa discriminación, e decir, entre outros números recoñecelo.

Un esquio comellón.

  Hoxe tivemos que darlle de comer a un esquio que se nos meteu na clase, é un esquio moi especial xa que non come todo o que el quere senón o que lle manda o dado. Así traballamos a asociación grafia-cantidade, o conteo, a psicomotricidade fina e pasamos un rato divertido pero aprendendo moitas cousas.

Novas responsabilidades.

  Novas responsabilidades chegan para o encargado. Xa levamos unha semana que o encargado ten que escribir o seu nome e facer o seu debuxo pero dende hoxe terá que buscar a letra pola que empeza o seu nome e entre todos pensar palabras que empezan por esa mesma letra.

Parabéns para ti...🎂

  nesta data querida, mooitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitísimos parabéns Diego!! pasa un día xenial cheo de bicos e apertas!!