Saltar ao contido principal

Publicacións

Rodas silábicas

  Unha maneira máis de introducilos na lectoescritura e sabendo e pensando a sílaba pola que empeza cada palabra.  Sempre lle digo, di apalabra para ti e pensa no que estas decindo, e así foi o xogo de hoxe. Ensinando unha imaxe eles colcábana na roda da sílaba pola que empezaba e en minúscula!! Descansade miudiños e lembrade que para a semana vai ser a semana máis terrorífica do ano! e animádevos a traer a vosa cabaza decorada e o venres 28 xa sabedes que podedes vir disfrazados! 

Como mola a túa vasoira!

 Para este samaín estamos traballando o conto: como mola a túa vasoira, traballamos samaín, lóxico matemática, lectoescritura… e hoxe tocaba picar para mañán traballar 1º, 2º, 3º.

Vestimos un espantallo- cabaza.

 Seguimos coa temática de samaín e aprendemos lectoescritura con el.  Traballamos vocabulario, fixemos dictado coa prenda que lle colocaban o espantallo, separamos en sílabas… e pasámolo tan ben que queren repetir. Esta semana e a seguinte vestiremos o noso espantallo de Samaín. 

Memoria e atención samaín

 E chegando esta data tan terrorífica nada cono o xogo de memoria e atención con esta temática. 

De grafismo a arte…

 Hoxe aparcamos o grafismo e metémonos en arte pensando xa no samaín.  Que sairán destas mans? 

Puzzle lector.

 E hoxe para rematar a semana xogamos co puzzle lector onde non so traballamos e repasamos o son de cada letra, tamén as sílabas de cada palabra. 

O noso Xaime e as landras...

  e como todo conto ten a súa versión esta eé a nosa. Sentádevos e disfrutade do noso Xaime e as landras.