Saltar ao contido principal

Publicacións

Recunchos

  Exame de sílabas, dictados, sumas...hoxe foi un día intenso porque mañán teremos festa todo o día. Os alumnos do instituto prepararon uns xogos para todo o alumnado de infantil e primaria, así que hoxe tocou aproveitar ben a xornada. E despois de tanto traballo chega a recompensa...os recunchos! Deixovos tamén a bra de arte que fixeron 2 moscas na nosa pantalla, que vos conten os nenos/as, era imposible traballar con elas na pantalla!, pero tamén pasamos un momento divertido véndoas crear as súas obras.

Conciencia silábica

  Empezamos a concienciación silábica, moi precisa para a lectoescritura. Hoxe xa empezamos a ler palabras e en minúscula, algo moi dificil pero que eles fixeron moi ben.  O traballo que están facendo de separar en sílabas na palabra secreta está dando o seu froito,hoxe estou moi, moi contenta con eles porque ademáis de facer moi ben a lectura traballaron concentrados e en silencio. Tamén fixemos un pequeno xogo de xuntar sílabas, neste caso presentamos unha imaxe e eles eran quenes buscaban as sílabas polas que está composta dita palabra. Este mes en canto a lectoescritura traballaremos neste campo, a conciencia silábica ademáis dos dictados e como vedes na ficha xa lle imos entrando as minúsculas. En canto a lóxico matemática seguimos inmersos nas sumas

Castañas!!

  e as nosas cestas xa están listas para o venres!  Moitas grazas pola vosa colaboración!!

As perchas...

  dos miudiños!! Que mellor que sexan eles quen decoren e fagan súas as súas perchas...

Biblioteca

 E hoxe foi o 1º día dos miudiños na biblioteca! Unha nova experiencia.  Como xa sabedes levan hoxe o libro e ten que vokver para o cole como moi tarde o xoves, levan tamén u ha ficha para cubrir, como xa fixemos en 3 anos.  Dentro da carpeta levan tamén un xogo , que tiña que ter ido na bolsa de Samaín pero esquencinme, e levan tamén as letras b, c e d en minúscula . Esatas 3 son para quedar na casa d que as repasen sempre que queiran.  Ademais comezamos cos libros viaxeiros das letras e de outono, para que xoguen na casa e que tamén ten que estar de volta como moi tarde o xoves para que o venres os poidan levar outros nenos. Esta semana leva Yoel o das letras e Félix o do outono.  E tamén empezamos a discriminación da P maiscula e da p minúscula. 

Menú novembro

 Comezamos mes e comezamos proxecto novo baseado nun conto: Dona Carme. Hoxe lémolo na clase e encantoulles! Deixovos tamén o menú deste mes.

o libro do outono

  Levamos uns días xogando co libro do outono, nel traballamos a lectoescritura, a concienciación fonolóxica, a lóxico-matemática... un libro moi completo que os nenos queren levar para a casa para xogar. Pois poderán facelo este venres! Aproveitando que este venres empezamos co préstamo de biblioteca empezamos tamén cos libros de letras e de outono.