Saltar ao contido principal

Publicacións

Nunca máis

 Hoxe na hora do conto falamos do mar, dos peixes, e de como temos que oidar o noso planeta.  Contamos o conto do prestige feito por nenos de Malpica, e como eses nenos pedían que nunca máis se manchara o noso mar.  Levades tamén a autorización para ir o cine o 22 de decembro, por favor traede o importe exacto.  Moitas gracias! 

Sílaba a sílaba.

  sílaba a sílaba os nenos vanse adentrando no mundo da lectoescritura, xa son capaces de ler e escribir palabras en minúsculas, aínda que a veces nos coste algunha, como é normal ,e o xogo de oxe trataba de iso, de ir sílaba a sílaba formando a palabra. Con este xogo xa xogamos algunha que outra vez e de momento en maiusculas pero xa á volta de nadal este xogo faráse en minúsculas. Levades unha nota na mochila para que participedes nun concurso de postais, evidentemente é voluntario, pero eu animovos a presentarvos, é uha actividade do cole e seguro que pasedes un momento divertido cos nenos/as elaborando a vosa postal. Animádevos!!

Acrobacias.

 Día completo!  A primeira hora asamblea, a 2º hora traballo de libro: repasamos a n e as inversas do n: an, en… e construimos frases ademáis de facer pequenas lecturas en minúsuculas.  E a 3º e 4º hora: acrobacias no pavillón municipal.  Moitas gracias o concello por este espectáculo! 

Empeza….

 A época de soñar…. 

Ruletas fonolóxicas

 Atopar a letra dentro dunha palabra pero pensandoa, non escribíndoa. De eso tratou o xogo de hoxe, f a verdade que o fixeron moi, moi ben! E ademáis aproveitamos para falar do son do R cando vai o inicio da palabra soa forte, a R doble soa forte e a R no medio de vogais soa débil. 

Está chegando…

 O nadal e no taller de memoria e atención temática do que está chegando!!!

Nota informativa

 Estimadas familias. Os nenos/as levaron hoxe para a casa unha nota informativa sobre o servizo de madrugadores e o prezo. Deixos tamén aquí no blog para aqueles que non viñeron o cole.