Saltar ao contido principal

Comezamos!


Os blogs pódense converter nunha ferramenta moi útil, por iso decidín comezar esta aventura con vós.
"Que din os miudiños" é un espazo educativo; desta maneira, ademáis de funcionar como un diario da clase, o blog tamén será un fío no que subirei textos, fotos, vídeos e todo o que estea relacionado co que aprendemos na escola.
Gustaríame que o blog fose interactivo, deixando comentarios nas distintas entradas que vaian sendo publicadas. Por iso, pido responsabilidade no seu uso, así como respecto e educación por parte de todos e todas.
Sen máis, queda inaugurado con moitísima ilusión "QUE DIN OS MIUDIÑOS".

Comentarios

  1. Respostas
    1. Moitas grazas! Outra canle máis para estar unidos a familia e a escola.
      Un saúdo.

      Eliminar
  2. Esta genial, así podemos ver o que fan no cole, gracias!!🤗

    ResponderEliminar
  3. Gracias a vós pola acollida. Está feito con moitísima ilusión.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Chegou o día...

Aquí rematan os 3 anos de infantil,foi un curso cheo de risas e choros, de emocións, de moito aprender, de moito xogar e tamén o día das despedidas...ou non, quen sabe... Quero darvos as gracias por tanta colaboración e ganas que lle puxestes a cada idea que vos contaba, gracias pola confianza e por todo o apoio, tedes uns fillos e fillas maravillosas e nunca vos vou olvidar, foi un ano de 10.👌🏻 Quérolle moito a estes miudiños.❤️ Moitas gracias por todo familias!!🤗

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...

Parece que vai chover...

   pero na nosa clase non lle temos medo a choiva e menos a esta. Seguimos traballando a lóxico-matemática a través do xogo. Con estas nubes traballamos a serie numérica, o conteo, a asociación grafia-cantidade, ademáis de como sempre saber esperar o noso turno, estar atentos o xogo por se temos que axudarlle a un compañeiro.... Déixovos tamén o enlace a unha canción que escoitamos na clase e que lles gustou moito. canción dos números NOTA IMPORTANTE: Como xa sabedes mañán conmemoramos o día contra a violencia de xénero, recoradarvos vir con xersei/camiseta negra e sen mandilón para que se poida ver ese xersei negro. É unha actividade de centro, tal e como vos indicaron nun abalar enviado desde o centro.