Saltar ao contido principal

Cantares pequenos

Hoxe sae a luz o noso primeiro libro de poesías "cantares pequenos".
Despois de traballar todo un curso nel, por fin hoxe ve a luz do día, espero que vós guste tanto como nos gustou a nós facelo.
Unha copia do libro quedará na biblioteca do cole para que tódolos nenos do centro teñan acceso a el.
Aproveito tamén para darvos unhas datas importantes da semana que ven:





Aproveito tamén para darvos unhas datas importantes da semana que ven.

Mércores 19 de xuño: fesivas de fin de curso. Os nenos/as deberán vir vestidos da casa coa roupa do festival, recordamos: nenas saia vermella e camiseta negra e nenos camiseta vermella e pantalón negro.

Xoves 20 de xuño: excursión fin de curso a Marcelle (xa se enviará nota desde o centro).

Venres 21 de xuño: Último día de cole, entrega de notas e saída as 12:30 hs

Comentarios

  1. que ganas de ver eses cantares!! aproveito para preguntar se alguén conseguiu xa a falda vermella pas nenas e se é así onde? e que recorrinme medio Santiago e aínda non a din atopado!! gracias de antemán!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois os cantares foron hoxe para a casa, podedes lelos antes de ir para cama.
      A saia vermella vale un tu tu dos chinos, o meu collino alí.
      Ata mañá!

      Eliminar
    2. Hola, eu a falda encontrei a en Ordes no chino de xunto o centro médico, de tutu

      Eliminar
  2. O libro esta chulisimo!!!!
    E vaia axenda tedes para a semana!!!!!
    Os peques tamén van a Marcelle?
    O outro día comentaban que os do primeiro curso de infantil estes anos non foron

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa ves que si!! hoxe levaron a autorización para a casa. Si, xa me dixeron que outros anos non foran pero eu penso que os de 3 anos tamén temos dereito a viaxar e ver cousas.😜

      Eliminar
    2. 😂😂👍🤣🤣😍😍👌

      Eliminar
  3. atopeille unha saia pantalón vale? o libro de cantares chulisimooo!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se é vermella vale perfectamente!!
      Moitas gracias, o mérito é deles que son uns artistas!!

      Eliminar
  4. como todo o que facedes!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Chegou o día...

Aquí rematan os 3 anos de infantil,foi un curso cheo de risas e choros, de emocións, de moito aprender, de moito xogar e tamén o día das despedidas...ou non, quen sabe... Quero darvos as gracias por tanta colaboración e ganas que lle puxestes a cada idea que vos contaba, gracias pola confianza e por todo o apoio, tedes uns fillos e fillas maravillosas e nunca vos vou olvidar, foi un ano de 10.👌🏻 Quérolle moito a estes miudiños.❤️ Moitas gracias por todo familias!!🤗

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!