Saltar ao contido principal

Parabéns Uxía, Noa e Óscar!!!

Acabamos a semana cunha gran festa!! celebramos os cumples de Uxía, Noa Periscal e Óscar, cunha gran tarta e un montón de cousas para comer!! 
Moitisimas grazas por todo, estaba riquísimo!!!





E non solo foi na clase, como vedes levaron un paquetón tamén para a casa.



Tamén hoxe viu a luz o noso segundo libro, esta vez un libro de receitas: cociña cos miudiños.
Unha copia deste libro quedará na biblioteca do centro. Agora a poñer o gorro e a cociñar!!


E para rematar o día tocou plantar unhas xudias...Boa fin de semana a todos!!




Comentarios

  1. Moitas felicidades para os tres!!!!
    O libro quedouvos moi chulo, habera que aprender a cociñar as outras receitas no verán.
    Moitas gracias !!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Chegou o día...

Aquí rematan os 3 anos de infantil,foi un curso cheo de risas e choros, de emocións, de moito aprender, de moito xogar e tamén o día das despedidas...ou non, quen sabe... Quero darvos as gracias por tanta colaboración e ganas que lle puxestes a cada idea que vos contaba, gracias pola confianza e por todo o apoio, tedes uns fillos e fillas maravillosas e nunca vos vou olvidar, foi un ano de 10.👌🏻 Quérolle moito a estes miudiños.❤️ Moitas gracias por todo familias!!🤗

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...

Parece que vai chover...

   pero na nosa clase non lle temos medo a choiva e menos a esta. Seguimos traballando a lóxico-matemática a través do xogo. Con estas nubes traballamos a serie numérica, o conteo, a asociación grafia-cantidade, ademáis de como sempre saber esperar o noso turno, estar atentos o xogo por se temos que axudarlle a un compañeiro.... Déixovos tamén o enlace a unha canción que escoitamos na clase e que lles gustou moito. canción dos números NOTA IMPORTANTE: Como xa sabedes mañán conmemoramos o día contra a violencia de xénero, recoradarvos vir con xersei/camiseta negra e sen mandilón para que se poida ver ese xersei negro. É unha actividade de centro, tal e como vos indicaron nun abalar enviado desde o centro.