Saltar ao contido principal

Reciclar.

Bos dias!! hoxe, é pensando xa na fin de semana, propóñovos unhas manualidades ben sinxelas e que tanto nos gustan na clase, con rollos de papel hixiénico. 
Aquí deixovos uns modelos, pero por suposto, podedes facer as que vos queirades. Gardádeas moi ben e á volta poñéremolas na clase, igual facedes algún lapicero simpático, ou uns adornos chulísimos para decorar, prometo buscarlle sitio a todos!!! 
Un bico moi forte a todos e recordade que xa falta un pouco menos para que nos vexamos!!
A traballar!!e boa fin de semana a todos!!


Comentarios

  1. Que guay profe!! Cantas boas ideas nos estas dando!!
    Carlos esta moi ilusionado e pendente do blog e do que hai que facer!!
    Gracias e esperamos que tanto ti como a tua familia estedes ben!!
    Ata pronto!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que alegría Carlos!!! canto me alegra que che estén gustando estas tarefas que vos mando. Moitisimas gracias a vós por ser tan traballadores e colaborar neste período tan especial. Pois como estas tarefas poden facerse en familia deíxoche que sexas ti o profe da túa casa e dirixas un pouco a actividade, pon a Lucia a traballar, pero coidado, recorda que ela é máis pequena, vale!!
      Por aquí de momento estamos todos ben, moitas gracias por preguntar!espero que vós tamén estedes moi ben!
      Coidádevos moito!!💪🏻😘
      Coidádevos moito, un bico forte

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Chegou o día...

Aquí rematan os 3 anos de infantil,foi un curso cheo de risas e choros, de emocións, de moito aprender, de moito xogar e tamén o día das despedidas...ou non, quen sabe... Quero darvos as gracias por tanta colaboración e ganas que lle puxestes a cada idea que vos contaba, gracias pola confianza e por todo o apoio, tedes uns fillos e fillas maravillosas e nunca vos vou olvidar, foi un ano de 10.👌🏻 Quérolle moito a estes miudiños.❤️ Moitas gracias por todo familias!!🤗

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!