Saltar ao contido principal

A buscar...

Bos dias clase!! como estades? hoxe vouvos a propoñer un xogo pero a través dunha canción de mamá cabra. O coñecido veo, veo pero un pouco distinto..animádesvos? e coma sempre pode xogar toda a familia! so tedes que atender á canción. 

buscar (pinchade en buscar e a xogar)
Podedes escribir no blog todo o que fostes atopando..😘😘😘

Deixovos tamén algúns dos traballiños que fixo Carlos neste confinamento.













Comentarios

  1. Ola Sonia, foi moi divertido xogar con esta canción, Dylan atopou cousiñas amarelas: un plátano e unha camiseta, cousiñas redondas unha pelota e unha canica e palabras que comezan por "A": avión e ala.
    Saudiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Dylan!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 canto me alegro que vos gustara! pois xa sabes, a esto podedes xogar todalas veces que queirades, pero.....a ver se consigues non repetir obxectos. 😉😘

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Adiviña, adiviñanza.....

Bos días clase! como estades?, hoxe tardei un pouco en entrar porque tiven unha pequena reunión co equipo directivo do centro e informanme que por favor, as familias descarguedes o abalar movil porque nesta avaliación as notas van a ir a través desta vía. Tarefa de hoxe: adiviñas!! propoño que hoxe pensemos adiviñas, que as escribamos aquí no blog e as vaiamos contestando tamén aquí, será  unha maneira de estar como na clase. Empezo eu.  Canto en la orilla vivo en el agua, no soy pescado, ni soy cigarra.  ¿que será?

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...