Saltar ao contido principal

As emocións


Bos días cociñeiros! onte vín uns pratos fabulosos, sabedes que vós podedes seguir facendo pratos deste tipo, so tedes que usar os vosos coñecementos e a vosa imaxinación.
Hoxe vouvos deixar como tarefas uns puzzles para que lle poñades a emoción que a vós vos parezca. Tedes que recortar polas liñas, así poderedes variar caras e emocións. Xa sabedes que son moi importantes as emocións e saber expresar o que sentimos e como nos sentimos en cda momento, por iso quero que sempre lle contedes a vosos pais como vos sentides, porque se estades alegrs poderán compartir a vosa alegría con vós, se estades tristes curaránvos cunha aperta, se tedes medo espantarán o voso medo cun bico, xa vedes o importante que é contar como vos sentides.
Unha aperta moi forte meus pequechos e un bico enorme!!🤗😘



E esta foi a combinación que máis lle gustou a Nacho.
a e aqui chegan as combinacións de Dylan e Rubén


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Adiviña, adiviñanza.....

Bos días clase! como estades?, hoxe tardei un pouco en entrar porque tiven unha pequena reunión co equipo directivo do centro e informanme que por favor, as familias descarguedes o abalar movil porque nesta avaliación as notas van a ir a través desta vía. Tarefa de hoxe: adiviñas!! propoño que hoxe pensemos adiviñas, que as escribamos aquí no blog e as vaiamos contestando tamén aquí, será  unha maneira de estar como na clase. Empezo eu.  Canto en la orilla vivo en el agua, no soy pescado, ni soy cigarra.  ¿que será?

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...