Saltar ao contido principal

Feliz verán!!! ☀️


Bos días! hoxe non hai tarefas, hoxe é o último día de cole temos que facer unha festa, que ademáis temos que facer a festa de cumple de Martin, Rodrigo, Izan Fernández, Daniela, Leonor e Adan, que están de cumple este mes e nos meses de verán.🎂
Hoxe solo quero darvos as grazas por todo, por todo o que traballastes, polo moito que vos implicastes na clase, sodes uns traballadores! 💪🏻
Pero hoxe tamén quero darlle as grazas aos vosos papás e mamás que neste confinamento me axudaron moito a seguir dando á clase e a que seguirades aprendendo moito, moitisimas grazas a todas esas mamás que sempre estivestes ahí, Grazas!!🤗
O verán é moi longo e quero que seguides repasando as sumas, o voso nome, a data, os xogos que vos fun deixando no blog, as letras.... e quero que xoguedes moito, que riades moito, que abracedes moito a vosos pais, irmáns, que soñedes moito e moi bonito.
Estivemos moito tempo na casa e agora toca disfruar do aire libre, pero con coidadiño, eh! que o virus aínda anda por aquí.
Pasadde un moi boo verán meus pequenos, disfrutade moito e nunca deixedes de sorrir. Quérovos moito!❤️😘
E moitas grazas por todo familias, foi un curso atípico pero que sempre estará no noso recordo. Moi bo verán!




Parabéns cumpreañeiros!!

Quería compartir con vós un debuxo que me enviou hoxe Nacho e un vídeo que tamén me chegou hoxe pola mañá de Dylan, que fai un pequeno resumo de moitas cousas que traballamos nesta corentena, fantástico Dylan!!


Comentarios

  1. Feliz verano campeones! Ojalá el próximo curso mejoren las cosas y l@s niñ@s puedan estar juntos y disfrutar de sus amiguit@s

    ResponderEliminar
  2. Que bonito o debuxo de Nacho e que chulada as actividades de Dylan!!! Moitas grazas, profe, polos bos desexos de cara ó verán!! Rubén tamén vos desexa a tódolos compis e a ti, Sonia, un feliz e divertido verán, e espera encontrarse pronto con todos porque vos recorda moitooo. Bicos para todo 5° infantil!!! 😘😘😘

    ResponderEliminar
  3. Profe!! Moitas grazas a ti por intentar que os nenos seguiran conectados e con ilusion ese tempo...
    Que disfrutes do veran que ben merecido esta!!
    Un bico de Carlos para ti e para todos os compis!!
    Esperemos vernos pronto!!!

    ResponderEliminar
  4. Sin lugar a dudas un curso atípico, como ben dis ojalá o próximo poidan comenzar con normalidade, Dylan bota moito de menos a profe Sonia e os seus compis, está ansioso polo reencontro...grazas por todo Sonia!!! Bo verán profe e compis!!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Feliz día do libro!!!

Bos días!! A quí vos deixo a historia que fixeron os meus fillos na casa, espero que vós guste!! Despois seguirei subindo vídeos que me foron chegando. A tarefa de hoxe, seguir inventando historias para aqueles que non o fixeron e ler moito!  Feliz día!! Acaba de chegarme directamente do forno outro conto de Nacho, a editorial non para!! GRACIAS!! Podedes seguir facendo estas maravillas durante todo o curso!1 é maravilloso ver toda esa imaxinción que tedes, parabéns!!👏🏻👏🏻😍😍  E aquí vos deixo co conto de Noa, parabéns Noa!! Chulísimo!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻😍😍 e antes de pechar a editorial por hoxe chégame o conto de Rúben, parabéns Rúben!! chulísimo!!!👏🏻👏🏻👏🏻😍 

Como estou hoxe....?

Bos dias! neste tempo que estamos encerrados para loitar contra o coronavirus pasan moitas cousas pola nosa cabeza e sentimos moitas emocións distintas. Hoxe propoñovos unha tarefa que mestura sentimentos e emocións, é moi sinxela e podese facer o longo de todo este encerro.  Deixo outra tamén de lectoescritura para que poñades en uncionammento unha vez máis a cabeciña! Estádelo facendo moi ben e estou moi orgullosa de vós, sodes uns auténticos heroes sin capa. Coméntame Marisa que no seu blog, que atoparedes na web do centro, vai deixando cousiñas de arte para botarlle un ollo. Aquí deixo os traballiños qu me foron enviando..

Letras galegas

Bos días! como ben sabedes, esta é a semana das letras galegas por iso a proposta de hoxe é que podedes facer durante toda a semana está relacionada co escritor o que se lle adica este ano o día das letras galegas, e el é: Ricardo Carballo Calero eímolo facer a través dun dos seus contos: As pitas baixo a choiva.  Deixovos aquí o conto para que poidades disfrutar del. A tarefa para homenaxear a este escritor e homenaxear o noso día das letras galegas será que cada un de vós debuxedes un galo, un galo que xa coñezades, un galo inventado, un galo de outro conto... podedes usar as técnicas que queirades para face-lo: pintura de dedos, collage, mural, quen se anime pode facer un galo en 3D con cartón, deixo todo baixo a vosa imaxinación, sei que non ides a defraudarme. Non vos esquenzades poñerlle un nome o voso galiño, despois o domingo 17, día das letras galegas, podedes poñelo nas ventanas para que todos vexan o nosos galo. A imaxinar!! Conto e aquí temos o galo de Izan Fer...