Saltar ao contido principal

Benvidos!!!

 Benvidos ( pinchade aquí, enriba de benvidos)



Bos noites a todos!!
Espero que despois desta fin de semana viñades coas pilas cargadas porque teño unha boa noticia, xa temos corcgho na clase!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 así que esta semana xa poderemos aprender a canción dos días da semana e empezar as nosas rutinas que tanto nos gustan e que tan importantes son.
Estiven repasando a lista de material e no paquete de cartulinas que vos pido esquenceuseme pedir as cores, así que vouno deixar por aquí, tedes que perdonar o despiste. Quixen enviarvos un abalar pero creo que aínda non están feitos os grupos na plataforma, mañá xa lle pregunto o equipo directivo.

Son un paquete de cartulinas tamaño folio de 50 unidades, as cores a repartir son: Marta, Pablo, Martina, Félix, Gael, Antía, Olivia e Yoel de cor blanca.
Daniela e Mateo Noya de cor azul.
Sara e Mateo Pombo de cor verde.
Martín Insua, Anxo de cor amarela.
 Elena e Mia de cor vermello.
E con esto queda inaugurado ó blog dos miudiños neste curso tan atípico 2020/2021 pero que afrontamos coa mesma ilusión e ganas que tódolos cursos e que farei por tódolos medios que os nenos estén o mellor posible no cole.
Benvidos a familia dos miudiños!!
Pd: cando comentedes no blog, por favor ao final poñede o nome do voso fillo/a para eu poder saber con que familia estou falando.
Unha saúdo. Sonia

Comentarios

  1. Que alegría saber que o blog volve a terra onde o viu nacer.
    Parece que ainda foi onte cando os nosos pequechos estaban en 3 anos e ahora xa son os veteranos de intantil :) Benvida de novo!

    ResponderEliminar
  2. siii!! aquí naceu e aquí volve! Non sabes a alegría que levei cando vín de novo a eses veteranos/as de infantil, pero a alegría foi maior cando descubrín que se acordaban de mín!!❤️ e estamos coma se non pasara o tempo, cada vez que nos vemos hai abrazos e conversas coma sempre!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Feliz día do libro!!!

Bos días!! A quí vos deixo a historia que fixeron os meus fillos na casa, espero que vós guste!! Despois seguirei subindo vídeos que me foron chegando. A tarefa de hoxe, seguir inventando historias para aqueles que non o fixeron e ler moito!  Feliz día!! Acaba de chegarme directamente do forno outro conto de Nacho, a editorial non para!! GRACIAS!! Podedes seguir facendo estas maravillas durante todo o curso!1 é maravilloso ver toda esa imaxinción que tedes, parabéns!!👏🏻👏🏻😍😍  E aquí vos deixo co conto de Noa, parabéns Noa!! Chulísimo!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻😍😍 e antes de pechar a editorial por hoxe chégame o conto de Rúben, parabéns Rúben!! chulísimo!!!👏🏻👏🏻👏🏻😍 

Como estou hoxe....?

Bos dias! neste tempo que estamos encerrados para loitar contra o coronavirus pasan moitas cousas pola nosa cabeza e sentimos moitas emocións distintas. Hoxe propoñovos unha tarefa que mestura sentimentos e emocións, é moi sinxela e podese facer o longo de todo este encerro.  Deixo outra tamén de lectoescritura para que poñades en uncionammento unha vez máis a cabeciña! Estádelo facendo moi ben e estou moi orgullosa de vós, sodes uns auténticos heroes sin capa. Coméntame Marisa que no seu blog, que atoparedes na web do centro, vai deixando cousiñas de arte para botarlle un ollo. Aquí deixo os traballiños qu me foron enviando..

Letras galegas

Bos días! como ben sabedes, esta é a semana das letras galegas por iso a proposta de hoxe é que podedes facer durante toda a semana está relacionada co escritor o que se lle adica este ano o día das letras galegas, e el é: Ricardo Carballo Calero eímolo facer a través dun dos seus contos: As pitas baixo a choiva.  Deixovos aquí o conto para que poidades disfrutar del. A tarefa para homenaxear a este escritor e homenaxear o noso día das letras galegas será que cada un de vós debuxedes un galo, un galo que xa coñezades, un galo inventado, un galo de outro conto... podedes usar as técnicas que queirades para face-lo: pintura de dedos, collage, mural, quen se anime pode facer un galo en 3D con cartón, deixo todo baixo a vosa imaxinación, sei que non ides a defraudarme. Non vos esquenzades poñerlle un nome o voso galiño, despois o domingo 17, día das letras galegas, podedes poñelo nas ventanas para que todos vexan o nosos galo. A imaxinar!! Conto e aquí temos o galo de Izan Fer...