Traballar a psicomotricidade fina e básico e fundamental en educación infantil pero sobre todo en 3 anos.
Estes días estamos traballando este aspecto a través de trazos que eles teñen que reproducir, encantáronlle estas nubes!!
Na primeira ficha colorear o tempo que adoita facer no inverno. N a segunda repasar co lapiz e despois co rotulador, na terceira repasar co lápiz, despois co rotulador e colorear 2 flores e na última facer un debuxo deles .
Bos días clase! como estades?, hoxe tardei un pouco en entrar porque tiven unha pequena reunión co equipo directivo do centro e informanme que por favor, as familias descarguedes o abalar movil porque nesta avaliación as notas van a ir a través desta vía. Tarefa de hoxe: adiviñas!! propoño que hoxe pensemos adiviñas, que as escribamos aquí no blog e as vaiamos contestando tamén aquí, será unha maneira de estar como na clase. Empezo eu. Canto en la orilla vivo en el agua, no soy pescado, ni soy cigarra. ¿que será?
nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!
Comentarios
Publicar un comentario