Saltar ao contido principal

Acabamos a semana...

 con cambios. Aquí vos deixo o plano coa nova ubicación, como vedes hai nenos que continúan no mesmo sitio.
Na libreta da biblioteca vai unha carta para unha nova actividade en familia e unha ficha igual a que temos na escola con números. Esta é para quedar nas vosas casas e que os nenos/as os vaian repasando un pouco tódolos días.
Eles e elas xa saben que números teñen unha cifra e cales teñen 2 cifras.
Quería recomendarvos tamén, vendo que estas bolsas da biblioteca non van durar moito, que lle pidades os reis ou a papá noel unha mochila coma esta, máis resistente e cómoda, xa que os nenos poden levar as mans libres.
Boa fin de semana! 








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Adiviña, adiviñanza.....

Bos días clase! como estades?, hoxe tardei un pouco en entrar porque tiven unha pequena reunión co equipo directivo do centro e informanme que por favor, as familias descarguedes o abalar movil porque nesta avaliación as notas van a ir a través desta vía. Tarefa de hoxe: adiviñas!! propoño que hoxe pensemos adiviñas, que as escribamos aquí no blog e as vaiamos contestando tamén aquí, será  unha maneira de estar como na clase. Empezo eu.  Canto en la orilla vivo en el agua, no soy pescado, ni soy cigarra.  ¿que será?

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...