Saltar ao contido principal

A palabra secreta...

 Volvemos!! e volvemos moi traballadores. Despois de poñernos o día en tódalas aventuras que nos pasaron no verán temos que traballar e facémolo  cun xogo de lectoescritura onde ademáis de escribir, repasar as vogais e as consonantes aprendemos as separala en sílabas. Este xogo farémolo na asamblea e será o encargado quen o faga aínda que despois todos farán o memo nunha ficha individual que levarán para a casa a final de trimestre.
Tamén empezamos a repasar as vogais en minúscula, que neste trimestre traballaremos non so a sua discriminación visual senón tamén a súa grafía entre outras moitas cousas que faremos.
Deixovos tamén o menú deste mes e citovos para unha reunión o luns 19 as 16:10, xa vos direi se na nosa aula ou no comedor.
Benvidos a todas e todos o curso 22/23 o último dos miudiños en infantil.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Feliz día do libro!!!

Bos días!! A quí vos deixo a historia que fixeron os meus fillos na casa, espero que vós guste!! Despois seguirei subindo vídeos que me foron chegando. A tarefa de hoxe, seguir inventando historias para aqueles que non o fixeron e ler moito!  Feliz día!! Acaba de chegarme directamente do forno outro conto de Nacho, a editorial non para!! GRACIAS!! Podedes seguir facendo estas maravillas durante todo o curso!1 é maravilloso ver toda esa imaxinción que tedes, parabéns!!👏🏻👏🏻😍😍  E aquí vos deixo co conto de Noa, parabéns Noa!! Chulísimo!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻😍😍 e antes de pechar a editorial por hoxe chégame o conto de Rúben, parabéns Rúben!! chulísimo!!!👏🏻👏🏻👏🏻😍 

Como estou hoxe....?

Bos dias! neste tempo que estamos encerrados para loitar contra o coronavirus pasan moitas cousas pola nosa cabeza e sentimos moitas emocións distintas. Hoxe propoñovos unha tarefa que mestura sentimentos e emocións, é moi sinxela e podese facer o longo de todo este encerro.  Deixo outra tamén de lectoescritura para que poñades en uncionammento unha vez máis a cabeciña! Estádelo facendo moi ben e estou moi orgullosa de vós, sodes uns auténticos heroes sin capa. Coméntame Marisa que no seu blog, que atoparedes na web do centro, vai deixando cousiñas de arte para botarlle un ollo. Aquí deixo os traballiños qu me foron enviando..

Letras galegas

Bos días! como ben sabedes, esta é a semana das letras galegas por iso a proposta de hoxe é que podedes facer durante toda a semana está relacionada co escritor o que se lle adica este ano o día das letras galegas, e el é: Ricardo Carballo Calero eímolo facer a través dun dos seus contos: As pitas baixo a choiva.  Deixovos aquí o conto para que poidades disfrutar del. A tarefa para homenaxear a este escritor e homenaxear o noso día das letras galegas será que cada un de vós debuxedes un galo, un galo que xa coñezades, un galo inventado, un galo de outro conto... podedes usar as técnicas que queirades para face-lo: pintura de dedos, collage, mural, quen se anime pode facer un galo en 3D con cartón, deixo todo baixo a vosa imaxinación, sei que non ides a defraudarme. Non vos esquenzades poñerlle un nome o voso galiño, despois o domingo 17, día das letras galegas, podedes poñelo nas ventanas para que todos vexan o nosos galo. A imaxinar!! Conto e aquí temos o galo de Izan Fer...