Saltar ao contido principal

Abecedario e números.

 Como puidestes comprobar, hoxe levaron para a casa un abecedario onde poden ver as maiísculas e os 2 tipos de minúsculas máis comúns, tamén os números de Kasper, do noso querido conto de Leotolda, para que o xunten co que lle dera en 3 anos e vaian repasando os números, porque aínda hai dudas de como se escriben algúns números de 2 cifras. e unha nota para que traian unha camiseta negra para a escola. Por favor, a camiseta cando a traiades que sexa dentro dunha bolsa pechada e co nome na bolsa.
Tamén este semana empezamos pequenas lecturas do estilo da foto, para que vaian empezando a entender as pausas, a entonación...
Boa fin de semana!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Chegou o día...

Aquí rematan os 3 anos de infantil,foi un curso cheo de risas e choros, de emocións, de moito aprender, de moito xogar e tamén o día das despedidas...ou non, quen sabe... Quero darvos as gracias por tanta colaboración e ganas que lle puxestes a cada idea que vos contaba, gracias pola confianza e por todo o apoio, tedes uns fillos e fillas maravillosas e nunca vos vou olvidar, foi un ano de 10.👌🏻 Quérolle moito a estes miudiños.❤️ Moitas gracias por todo familias!!🤗

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...

Parece que vai chover...

   pero na nosa clase non lle temos medo a choiva e menos a esta. Seguimos traballando a lóxico-matemática a través do xogo. Con estas nubes traballamos a serie numérica, o conteo, a asociación grafia-cantidade, ademáis de como sempre saber esperar o noso turno, estar atentos o xogo por se temos que axudarlle a un compañeiro.... Déixovos tamén o enlace a unha canción que escoitamos na clase e que lles gustou moito. canción dos números NOTA IMPORTANTE: Como xa sabedes mañán conmemoramos o día contra a violencia de xénero, recoradarvos vir con xersei/camiseta negra e sen mandilón para que se poida ver ese xersei negro. É unha actividade de centro, tal e como vos indicaron nun abalar enviado desde o centro.