Saltar ao contido principal

Publicacións

Marcelle

a nosa primeira excursión longa e superada con éxito. Velaquí algunhas das poucas fotos que puiden sacar. Eles pasaronno xenial pero viñeron moi cansadiños, de algúns teño a proba, como podedes comprobar na foto.

Esto bailase......

ASI!!!!! Lembrade que mañá nas mochilas deberán tarer unha muda e a botelliña de auga ben pechada. Da comida encárganse os de Marcelle e da merenda o cole. Marchamos as 10:00 e volvemos as 19:30, a esa hora non hai autobúses, teredes que vir buscalos á escola. Espero que hoxe o pasarades moi ben e vos gustase a actuación. Ata mañá!!

Preparados....

listos...... xa non queda nada para que digamos XA!!!  Hoxe foi día de ensaio xeral, mañá esperámosvos a todos para a gran estrea. O festival empezará as 12:00e rematrá sobre as 14:15, 14:30 hs ( ós familiares abrenvós as portas as 11:30, como poñía na nota que vós enviei hoxe). O horario de mañá é o de sempre, entrada as 10:00hs e saída as 15:30 hs. Os nenos comerán no comedor coma sempre,os familiares que despois do festival ou mesmo despois da actuación dos nenos, que queira levalo para á casa pode facelo pero ten que traerme un papel escrito e firmado decindo que leva ó neno para a casa e a que hora marcha. Moitas gracias e a disfrutar, porque os de 3 anos ímosvos a decir que...."esto bailase....ASI!!!! Ata mañá!!

Parabéns Sofía e Noa!!

E hoxe rematamos cos cumples deste curso, moitisimas grazas pola festa, o biscoito estaba moi rico!! Estade atentos....dentro dunhas horiñas subirei outra foto....., pero esta entrada tócáballe a elas se-las protagonistas!! Parabéns!!!

Parabéns Sara, Alma e Félix!!!

Empezamos a última semana do curso con festa, 3 cumpleañeros trouxeronnos uns biscoitos riquísimos!! Moitisimas grazas!! Como vedes seguimos levando cousiñas para a casa, hoxe levan tódolos traballiños que fixemos neste trimestre e un libro que fixemos durante todo o curso de repaso.  Canto traballamos!!! Lembrade que o mércores é o festival, empeza as 12:00 hs é os de 3 anos actuamos de primeiros. Teñen que vir vestidos da casa, recordamos: nenas camiseta negra e saia vermella, nenos camiseta vermella e pantalón negro.

Noticia de última hora!!!

o noso libro "cociña cos miudiños" foi todo un éxito, e cheganme noticias que contan que para o curso que ven poñerán no comedor as receitas que aparecen no libro!! Parabéns polo voso éxito!!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻

Parabéns Uxía, Noa e Óscar!!!

Acabamos a semana cunha gran festa!! celebramos os cumples de Uxía, Noa Periscal e Óscar, cunha gran tarta e un montón de cousas para comer!!  Moitisimas grazas por todo, estaba riquísimo!!! E non solo foi na clase, como vedes levaron un paquetón tamén para a casa. Tamén hoxe viu a luz o noso segundo libro, esta vez un libro de receitas: cociña cos miudiños. Unha copia deste libro quedará na biblioteca do centro. Agora a poñer o gorro e a cociñar!! E para rematar o día tocou plantar unhas xudias...Boa fin de semana a todos!!