Saltar ao contido principal

Publicacións

A comer!!!!

  Os callos de hoxe e con este tempiño prestaron moitísimo!!

Discriminando vogais

  Estes días como vedes ademáis de traballar o inverno, estamos tamén traballando a grafía do número 2 e a discriminación e grafía das vogais. Hoxe ademáis intentamos facer esas vogais cos pinchos pero aínda temos que seguir practicando.

Nubes de trazos.

  Traballar a psicomotricidade fina e básico e fundamental en educación infantil pero sobre todo en 3 anos. Estes días estamos traballando este aspecto a través de trazos que eles teñen que reproducir, encantáronlle estas nubes!! Na primeira ficha colorear o tempo que adoita facer no inverno. N a segunda repasar co lapiz e despois co rotulador, na terceira repasar co lápiz, despois co rotulador e colorear 2 flores e na última facer un debuxo deles .

Parabéns para ti...🎂

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Mía!! espero que pasaras un dia xenial cheo de bicos, apertas e agasallos. Aquí tes a tua coroa esperando por ti para cando poidas volver.  Hoxe estreamos os rotuladores, agora e solo para maiores, despois de repasar co lapiz repasaremos co rotulador en vez de facelo coa cera.

Biblioteca

  Retomamos o préstamo de biblioteca. Recordade que segue todo coma sempre, o xoves é o último día para devolver o conto, senón non poderán levar outro o venres. Boa fin de semana e coidádevos moito!!

Seguimos repasando...

  Seguimos repasando as formas xeométricas e seguimos avanzando na grafía do número 2 e nas series lóxicas.