Saltar ao contido principal

Publicacións

E colorín, colorado….

 Este martes está rematado!!!

Acabamos a semana...

  con cambios. Aquí vos deixo o plano coa nova ubicación, como vedes hai nenos que continúan no mesmo sitio. Na libreta da biblioteca vai unha carta para unha nova actividade en familia e unha ficha igual a que temos na escola con números. Esta é para quedar nas vosas casas e que os nenos/as os vaian repasando un pouco tódolos días. Eles e elas xa saben que números teñen unha cifra e cales teñen 2 cifras. Quería recomendarvos tamén, vendo que estas bolsas da biblioteca non van durar moito, que lle pidades os reis ou a papá noel unha mochila coma esta, máis resistente e cómoda, xa que os nenos poden levar as mans libres. Boa fin de semana! 

E chegaron...

  as vogais a nosa clase!! Estivemos practicando un pouco a grafía da vogal A no encerado e...non sairon nada mal!

Series lóxicas

  Seguimos traallando os conceptos lóxico-matemáticos  hoxe fixémolo con algo que lles custa moito en xeral e que xa empezamos semanas pasadas en papel: as series lóxicas. Fixémolos con motivos de samaín e a verdade é que están progresando moito e moi ben neste concepto. Parabéns miudiños!!

Novas responsabilidades…

 Chegan a asamblea e os encargados. Ademáis de escribir o seu nome discriminamos e identificamos a inicial do noso nome, debuxámonos, reapasamos a nosa identidade é sabemos como nos atopamos no día, se contento ou triste. 

Construíndo...

  e hoxe os recunchos...na mesa, cada mesa unha tipo de ensartable diferente.      Ademáis de desenvolver a súa imaxinación traballan a psicomotricidade fina, as cores, os tamaños, e fomenta a participación e colaboración cos da mesa e eso sin contar a de charlas e coloquios e propicia.

Biblioteca

  Hoxe empezamos o préstamo de biblioteca, como vedes levades toda a información na carpeta. Disfrutade da lectura!!