Saltar ao contido principal

Publicacións

Puzzle lector.

 E hoxe para rematar a semana xogamos co puzzle lector onde non so traballamos e repasamos o son de cada letra, tamén as sílabas de cada palabra. 

O noso Xaime e as landras...

  e como todo conto ten a súa versión esta eé a nosa. Sentádevos e disfrutade do noso Xaime e as landras.

Psicomotricidade por recunchos.

 Aros, zancos, sacos e pelotas!! 

Os froitos do outono.

 E hoxe comezamos a traballar os froitos do outono e con eles traballamos tamén a conciencia fonolóxica, as minúsculas e a aprendizaxe dos seus beneficios.  Deixovos tamén a organización dos recunchos e cales son, cada día cambian, non os recunchos pero si quen pasa por eles. 

Abecedario e números.

 Como puidestes comprobar, hoxe levaron para a casa un abecedario onde poden ver as maiísculas e os 2 tipos de minúsculas máis comúns, tamén os números de Kasper, do noso querido conto de Leotolda, para que o xunten co que lle dera en 3 anos e vaian repasando os números, porque aínda hai dudas de como se escriben algúns números de 2 cifras. e unha nota para que traian unha camiseta negra para a escola. Por favor, a camiseta cando a traiades que sexa dentro dunha bolsa pechada e co nome na bolsa. Tamén este semana empezamos pequenas lecturas do estilo da foto, para que vaian empezando a entender as pausas, a entonación... Boa fin de semana!!

Taller de memoria e atención

  e hoxe no taller de memoria e atención, a parte de xogar co nosos xogo de recordar que tanto lles gusta fixemos unha ficha de buscar, contar e atender...

E colorín, colorado…

 O noso conto de Xaime e as landras está rematado!! E para a semana irá para a casa para que o poidadesdisfrutar en familia.  Hoxe ademáis empezamos o 1º dictado de palabras.