Os blogs pódense converter nunha ferramenta moi útil, por iso decidín comezar esta aventura con vós.  "Que din os miudiños" é un espazo educativo; desta maneira, ademáis de funcionar como un diario da clase, o blog tamén será un fío no que subirei textos, fotos, vídeos e todo o que estea relacionado co que aprendemos na escola.  Gustaríame que o blog fose interactivo, deixando comentarios nas distintas entradas que vaian sendo publicadas. Por iso, pido responsabilidade no seu uso, así como respecto e educación por parte de todos e todas.  Sen máis, queda inaugurado con moitísima ilusión "QUE DIN OS MIUDIÑOS" .