Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 18, 2020

As emocións

Bos días cociñeiros! onte vín uns pratos fabulosos, sabedes que vós podedes seguir facendo pratos deste tipo, so tedes que usar os vosos coñecementos e a vosa imaxinación. Hoxe vouvos deixar como tarefas uns puzzles para que lle poñades a emoción que a vós vos parezca. Tedes que recortar polas liñas, así poderedes variar caras e emocións. Xa sabedes que son moi importantes as emocións e saber expresar o que sentimos e como nos sentimos en cda momento, por iso quero que sempre lle contedes a vosos pais como vos sentides, porque se estades alegrs poderán compartir a vosa alegría con vós, se estades tristes curaránvos cunha aperta, se tedes medo espantarán o voso medo cun bico, xa vedes o importante que é contar como vos sentides. Unha aperta moi forte meus pequechos e un bico enorme!!🤗😘 E esta foi a combinación que máis lle gustou a Nacho. a e aqui chegan as combinacións de Dylan e Rubén