Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 17, 2021

O apalpador.

  Hoxe tivemos unha visita moi galega: o apalpador, que veu montado no seu burriño. Cantamos con el, bailamos e lembramos a importancia de coidar os nosos montes. Levades na carpetiña da mochila unha nota para o martes e outro adorniño que fixemos na clase para a vosa árbore. Hoxe non levaron mochila da biblioteca porque damos descanso nas vacacións.  O luns comentarvos tamén que levarán as notas e os traballiños que fixemos neste primeiro trimestre. E como o día foi do apalpador deixovos esta canción para que a cantedes e bailedes todos na fin de semana!. O apalpador